A Federación Sionista de Gran Bretaña e Irlanda, tamén chamada Federación Sionista británica, é unha organización marco para o movemento sionista no Reino Unido.
Actualmente representa a máis de 30 organizacións e 50.000 afiliados. Historia miniatura|A primeira conferencia da Federación Sionista británica no 1899 A organización foi establecida no ano 1899 para promover unha patria para as persoas xudías.
En 1917, o Ministro de Asuntos Exteriores británico Arthur Balfour remitiu a coñecida como Declaración Balfour ao líder da comunidade xudía do Reino Unido Walter Rothschild para que fose transmitida á Federación Sionista.
No 1920, a Federación Sionista fundou a Organización Internacional de Mulleres Sionistas (WIZO, polas súas siglas en inglés). A Federación tamén fundou various movementos sionistas xuvenís.
Obxectivos A organización descríbese coma "a principal organización de base e de defensa de Israel do Reino Unido."
Entre as súas finalidades e obxectivos están:
O apoio, coordinación e asistencia ao traballo de todos os seus afiliados no país e o compromiso cos movementos sionistas xuvenís. A promoción da participación de xudeus en actividades sionistas, incluíndo a educación, a cultura, a lingua hebrea e a información sobre Israel, sustentada na crenza de que o obxectivo principal do sionismo é a Aliyah.
Actividades As actividades inclúen a formación, as campañas, a interacción cos medios, facer lobby, loitar contra o movemento BDS e traballar con estudantes e eventos culturais.
Estrutura e persoal A Federación Sionista británica é unha organización marco que abarca a meirande parte das organizacións sionistas do Reino Unido.
A 2023 o director é Rabbi Lea Mühlstein. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da Federación Sionista británica Páxina web da Organización Internacional de Mulleres Sionistas
Categoría:Sionismo Categoría:Reino Unido