Raúl Santamaría González, nado en Vilagarcía de Arousa en 1998, é un mestre e político galego do Partido Popular de Galicia. Dende 2024 é deputado no Parlamento de Galicia.

Traxectoria É profesor de educación primaria, graduado pola Universidade de Vigo, e presidente de Novas Xeracións do Partido Popular en Vilagarcía de Arousa. Desde 2024 é deputado no Parlamento de Galicia, onde forma parte do Grupo Parlamentario Popular. En 2022, converteuse en concelleiro de Vilagarcía de Arousa en substitución de Manuel Méndez, que deixou a acta por motivos laborais. En febreiro de 2024 foi candidato pola provincia de Pontevedra nas eleccións de 2024, resultando elixido deputado autonómico.

Paralelamente á súa actividade política, alcanzou notoriedade pública como integrante do equipo Mozos de Arousa, co que participou no concurso televisivo ''Reacción en cadena'', emitido por Telecinco e presentado por Ion Aramendi. Formou o equipo canda o seu irmán Borja Santamaría, e mais Bruno Vila. Os tres permaneceron no concurso durante preto dun ano e medio e obtiveron un premio acumulado de 2.630.177 euros, o maior concedido ata ese momento nun concurso da cadea.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia

Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Concelleiros de Vilagarcía de Arousa Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo