Jorge Casado Rodríguez, nado en Madrid o 26 de xuño de 1989, é un futbolista español que xoga como lateral esquerdo no Rayo Majadahonda, da Primeira División RFEF.
Traxectoria Formouse como futbolista na canteira do Rayo Vallecano e foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club ata debutar co Rayo Vallecano B na Tercera División en 2008.
Despois de dous anos no filial do Rayo, no verán de 2010 fichou polo Real Madrid Castilla, da Segunda División B. Na súa segunda tempada no filial madridista logrou o ascenso á Segunda DIvisión e debutou co primeiro equipo do Real Madrid nun partido da Copa do Rei ante a Ponferradina no Santiago Bernabéu, encontro no que foi aliñado como titular por José Mourinho.
Xogou dous anos en Segunda, ata que en 2014 fichou polo Real Betis, co que conseguiu o ascenso á Primeira División. En xullo de 2015 rescindiu o seu contrato co club andaluz e asinou como novo xogador da Ponferradina, tamén en Segunda, sendo titular na maioría de partidos da tempada 2015/16.
Despois dunha campaña no Zaragoza e dun tempo no Xanthi FC da Superliga de Grecia, en agosto de 2020, fichou polo Rayo Majadahonda, da Segunda División B.
Notas
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano B Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do Skoda Xanthi FC Categoría:Xogadores do CF Rayo Majadahonda