thumb|250px|Coroa de barón. Barón, ou baronesa, na súa forma feminina, é un dos títulos nobiliarios europeos cos que os monarcas mostran a súa gratitude a certas persoas. Seu señorío chámase baronía.
Durante a Alta Idade Media, barón significaba ao varón libre en distintos dialectos e idiomas antigos xermánicos, como o franco. No tempo dos merovinxios o título empregábase para significar vagamente varón poderoso e, algunha vez, marido. Na época feudal, o título designaba un Señor ilustre gozando de todos os dereitos feudais en perfecta plenitude:
Chamabáse a Guillerme o Conquistador o barón famoso. Os grandes vasalos de Francia ou de Inglaterra eran os altos baróns. Os Montmorency titulábanse con orgullo os primeiros baróns cristiáns. Godofredo de Bouillón foi chamado o barón do Santo Sepulcro.Diccionario enciclopédico popular ilustrado Salvat (1906-1914).
A muller que ostenta o título (muller esposa do barón) coñécese como baronesa. O territorio sobre os que os baróns exercían a súa xurisdición chamábase baronía. Os patrimonios dos infantes de Francia eran dados en condado e baronía (in comitatum et baroniam). En Inglaterra chamouse baróns aos pares do reino, aos xuíces do tribunal do Échiquier, aos notábeis de Londres, de York etc.
Polo xeral, os títulos españois de barón anteriores ao século XIX corresponden a nobres procedentes da antiga Coroa de Aragón, chamándose señor na Coroa de Castela, denominándose o territorio ao cal dominaba como señorío. A partir de mediados do século XIX carecede xurisdición territorial e é puramente honorífico.
En España é inmediatamente inferior ao de vizconde..
Notas
Véxase tamén
Bibliografía De Mayoralgo y Lodo, José Miguel (2007): Historia y régimen jurídico de los títulos nobiliarios: manual de nobiliaria I, Editorial Hidalguía. ISBN 978 84 8985 1566.
Categoría:Títulos nobiliarios