Quinndy Akeju, nada en Zaragoza en 2000, é unha enfermeira, bailarina e activista antirracista española, así como defensora dos dereitos das mulleres. É coordinadora de Afrocolectiva en Europa e membro da Comunidade Negra Africana e Afrodescendente no País Vasco.
Traxectoria Quinndy Akeju naceu no ano 2000 en Zaragoza, de pais nixerianos. Dende moi nova quixo dedicarse á enfermaría. Durante a súa nenez foi vítima de violencia racista por mor da súa cor de pel e a súa orixe. Comezou a interesarse polo activismo feminista á idade de 14 anos, despois de ler El feminismo es para todo el mundo, e posteriormente involucrouse tamén no activismo antirracista.
En xuño de 2022 escribiu un texto para a revista dixital Pikara Magazine na cal denunciaba o tratamento que daban os usuarios de redes sociais aos vídeos e novas de agresións racistas, e como a forma na que son tratados estes temas pode chegar a resultar deshumanizante para as persoas afectadas. Ese mesmo ano foi unha das fundadoras de Afrocolectiva, un medio de comunicación dixital enfocado no activismo antirracista, o afrofeminismo e o panafricanismo.
En xuño de 2023 participou como interventora e moderadora nun debate sobre as políticas migratorias da Unión Europea, nunha mesa redonda no eido da I Marcha pola Xustiza por Melilla.
En 2024, foi unha das participantes do programa especial 8M: Las mujeres facturan de Playz, conducido por Henar Álvarez que se emitiu en conmemoración do Día Internacional da Muller.
Tamén é bailarina e coreógrafa de afrodance.
Filmografía Televisión Irreversibles (2023) 8M: Las mujeres facturan (2024)
Notas
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Feministas de España Categoría:Enfermeiros de España Categoría:Españois de ascendencia nixeriana