John Gutzon de la Mothe Borglum, nado en Saint Charles, Idaho, o 25 de marzo de 1867 e finado en Chicago, Illinois, o 6 de marzo de 1941, foi un escultor, pintor, medallista e deseñador de moedas estadounidense, coñecido principalmente pola súa serie de estatuas de presidentes dos Estados Unidos no Monte Rushmore, en Dacota do Sur.

Tamén é coñecido pola súa participación no proxecto escultórico de Stone Mountain en Xeorxia. Outras obras de arte públicas nos Estados Unidos representativas de Borglum son as estatuas do xeneral da Unión Philip Sheridan en Washington e en Chicago, así como un busto de Abraham Lincoln que se conserva na cripta do Capitolio dos Estados Unidos en Washington.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Fillo de inmigrantes dinamarqueses, John Gutzon de la Mothe Borglum naceu en 1867 en Saint Charles, no que daquela era o Territorio de Idaho."Gutzon Borglum". Utah Artists Project . University of Utah. Borglum era fillo de Jens Møller Haugaard Børglum (1839-1909), que chegara aos Estados Unidos en 1864 desde o noroeste de Dinamarca.Chisholm, Hugh, ed. (1922). "Borglum, Gutzon". Como era costume nos mormóns, na súa época en Idaho o seu pai era polígamo e tiña dúas mulleres, a nai de Gutzon, Christina Mikkelsen Børglum (1847-1871) e a irmá desta, Ida, que era a primeira esposa.Paller, O. (1990). "I Have a Question: Artists James T. Harwood, Gutzon and Solon Borglum, and Cyrus Dallin are said by some to be associated with the Church. Were they members?". En Ensign. Outubro. Páxinas 52-54."Gutzon Borglum". Idaho State Historical Society Reference Series (History.Idaho.gov).

O seu pai abandonou a Igrexa de Xesús Cristo dos Santos dos Últimos Días e trasladouse primeiro a Omaha, Nebraska, onde a poligamia era ilegal e tabú, e logo a San Luís, Missouri, onde ingresou no Colexio Médico Homeopático.Price, W. (1972) . Páxina 10. Nese momento os pais de Gutzom divorciáronse; a familia abandonou a confesión mormona e Ida, os seus fillos e os dous fillos de Christina, Gutzon e Solon —que tamén sería un recoñecido escultor—, ficaron en San Luís, onde o pai de familia acadou o título de médico. Logo de se graduar na Facultade de Medicina de Missouri en 1874, o Dr. Borglum trasladouse coa súa familia a Fremont, Nebraska, onde estableceu unha consulta médica.Swisher, K. (2015). "The lesser-known Borglum brother?". Black Hills Pioneer (Bhpioneer.com).Shaff, H.; Shaff, A. K. (1985). Páxina 18.

Gutzon Borglum permaneceu en Fremont ata 1882, cando o seu pai o matriculou na escola relixiosa St. Mary's College, de Kansas.Chisholm, Hugh, ed. (1922). Logo dunha curta estadía alí, trasladouse a Omaha, Nebraska, onde traballou como aprendiz nun taller mecánico e logo graduouse na Creighton Preparatory School."Gutzon Borglum". NNDB.com

Despois estudou en San Francisco, California, e entre 1890 e 1893 instalouse en París, a onde viaxou para recibir formación artística na Académie Julian e na École nationale supérieure des beaux-arts, e alí recibiu a influencia artística de Auguste Rodin. Durante a súa estadía en Francia, as esculturas e as pinturas de Borglum gozaron de bo acollemento no Salón de París. Entre 1896 e 1901, residiu e continuou coas súas creacións en Londres, onde pintou murais e retratos, e modelou bustos.Toyes, T. (ed.). (2001). Páxina 496.

Vida pública e ideoloxía De volta nos Estados Unidos, en 1901 abriu un estudio en Nova York, e ese mesmo ano esculpiu santos e apóstolos para a nova catedral de San Xoán o Divino. En 1906, o Museo Metropolitano de Arte adquiriu unha escultura grupal de Borglum,"The Mares of Diomedes". Metropolitan Museum of Art (Metmuseum.org)."Gives a Borglum Group: James Stillman presents "The Mares of Diomedes" to the Metropolitan". En The New York Times. 12 de febreiro de 1906. —a primeira escultura dun estadounidense vivo que adquiría o museo—, o que acrecentou notablemente a súa reputación,Meyer, A. N. (1906). "The Mares of Diomedes, by Gutzon-Borglum". En The Metropolitan Museum of Art Bulletin. Vol. 1. Nº 4. Páxinas 62-63. que se viu reforzada coa consecución da medalla de ouro de escultura na Exposición Universal de 1904, en San Luís.

En Nova York, Borglum foi profesor na Art Sudents League durante o curso 1906-1907, e en 1912 participou na creación da Asociación de Pintores e Escultores dos Estados Unidos.

miniatura|300x300px|Gutzon Borglum no seu estudio en Nova York."Art that is Real and American". En The World's Work. Vol. XXVIII. Nº 2. Xuño de 2014. Páxina 206.

O ano seguinte, 1913, participou no comité que organizou a exposición Armory Show, que se considera o berce do modernismo na arte estadounidense.Brown, M. W. (1987). "The Armory Show". En Archives of American Art Journal. Vol. 27. Nº 2. Páxinas 12-33. No entanto, cando a exposición estaba a piques de se de inaugurar, Borglum dimitiu do comité por considerar que a énfase nas obras de vangarda desvirtuara a premisa orixinal da mostra e fixera que artistas tradicionais coma el parecesen provincianos. En 1914 trasladouse a unha casa de campo en Stamford, Connecticut,"The Dart: Artists drawn to Stamford home". En Stamford Advocate. 18 de decembro de 2011. onde residiu durante dez anos, e en 1917 acolleu na súa propiedade en Stamford a membros da Lexión Checoslovaca.Preclík, V. (2019). Masaryk a legie. Páxinas 101-102, 124-125, 128, 129, 132, 140-148, 184-190. ISBN 978-80-87173-47-3

En 1914, Borglum publicou na revista The World's Work: A History of Our Time un artigo titulado "Art That Is Real And American: Why We Should Create Our Own Art out Of Our Own National History Instead Of Imitating The Work That Properly Expressed The Triumphs Of Greece And Rome" ("Arte real e americana: por que debemos crear a nosa propia arte a partir da nosa propia historia nacional, no canto de imitar as obras que expresaron adecuadamente os triunfos de Grecia e Roma".

Entre outras entidades artísticas internacionais, Borglum foi membro da Royal Society of British Artists, do Reino Unido, e da Societe Nationale des Beaux Arts, de Francia.

Borglum foi membro da Antiga Orde dos Masóns Libres e Aceptados; concretamente ingresou na loxa Howard nº 35 de Nova York, o 10 de xuño de 1904 e converteuse no seu Venerable Mestre entre 1910 e 1911. En 1915 foi nomeado Gran Representante da Gran Loxa de Dinamarca ante a Gran Loxa de Nova York. Recibiu os seus graos do Rito Escocés no Consistorio de Nova York o 25 de outubro de 1907."Borglum, Gutzon (1871-1941) ". En The Masonic Philatelist. Vol. 72. Nº 2. Xuño de 2016. Páxina 31. Foi amigo de Theodore Roosevelt durante moitos anos,Cullinane, M. P. (2017). Theodore Roosevelt's Ghost: The History and Memory of an American Icon. LSU Press. ISBN 9780807166734Breunig, J. (2018). "History not carved in stone". En Stamford Advocate. 19 de febreiro. e durante as eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 1912 Borglum foi un organizador de campaña moi activo, e membro do Partido Progresista.McLaurin, A.; Pederson, W. D. (1987). The Rating Game in American Politics: An Interdisciplinary Approach. Irvington Pub. Páxina 350. ISBN 9780829018110Taliaferro, J. (2007). Great White Fathers: The Story of the Obsessive Quest to Create Mount Rushmore. PublicAffairs. ISBN 9781586486112"[Gutzon Borglum(?) with group of men on and around open bus at Bull Moose Convention(?)]". Library of the Congress (LOC.gov).

miniatura|300x300px|Guszon Bolglum (no medio), con H. N. Randolph (esquerda) e H. S. Edwards (dereita), en 1923."H.N. Randolph, Guszon Bolglum, H.S. Edwards, 11/22/23". Library of the Congress (LOC.gov).

Aínda que se afirmou que Borglum era membro do Ku Klux Klan,Shaff, H.; Shaff, A. K. (1985). Páxina 197. un artigo publicado na revista Smithsonian Magazine, do Instituto Smithsoniano, pon en cuestión que haxa probas de que se unise formalmente a esa sociedade secreta.Shaer, M. (2016). "The Sordid History of Mount Rushmore". En Smithsonian Magazine. Outubro. (Smithsonianmag.com). Mais o feito é que Borglum "se implicou profundamente na política do Klan", asistindo ás súas reunións e formando parte dos seus comités.Tagliaferro, J. (2004). Great White Fathers. PublicAffairs, Nova York. Páxina 186. ISBN 978-1-58648-205-3 Algúns autores sosteñen que a súa proximidade a esta sociedade lle custou en 1925 o seu despedimento do proxecto de Stone Mountain.Hyde, M. J. (2004). "The Ethos of Rhetoric". University of South Carolina Press. Páxina 161. ISBN 978-1570035388 Máis tarde, declarou: "Non son membro do Kloncilium, nin cabaleiro do KKK", aínda que Howard Shaff e Audrey Karl Shaff afirman que "iso era para consumo público".Shaff, H.; Shaff, A. K. (1985). Páxina 203. O museo do monte Rushmore exhibe unha carta dirixida a Borglum por D. C. Stephenson, o Gran Dragón do Klan que máis tarde foi condenado pola violación e o asasinato de Madge Oberholtzer, na que se xuntaba unha fotografía dedicada coa inscrición "Ao meu bo amigo Gutzon Borglum, co maior respecto". A correspondencia de Borglum a Stephenson durante a década de 1920 detallaba unha fonda convicción racista na superioridade moral nórdica e as estritas políticas de inmigración.Senie, H. (2014). Critical Issues in Public Art: Content, Context, and Controversy. Smithsonian Books. ISBN 978-1560987697

Vida familiar En 1889, Borglum casou coa súa profesora de pintura, Elizabeth Jaynes Putnam, que era 18 anos maior ca el."Elizabeth Janes Putnam Borglum". Askart.comSenie, H. (2023). Monumental Controversies. Potomac Books. Páxina 20. ISBN 978-1-64012-499-8 A parella divorciouse e Borglum casou en segundas nupcias o 20 de maio de 1909 con Mary Montgomery Williams, coa que tivo tres fillos."Mary Williams Montgomery Borglum". Findagrave.com

Borglum morreu en Chicago o 6 de marzo de 1941, aos 73 anos, dun ataque ao corazón. Está soterrado no cemiterio Forest Lawn Memorial Park de Glendale, California."Gutzon Borglum". Findagrave.com

Obras miniatura|O busto de Abraham Lincoln (1908), na cripta do Capitolio en Washington."Abraham Lincoln". Art Iventories Catalog. Smithsonian American Art Museum.

A fascinación de Borglum polos tamaños xigantescos e os temas do nacionalismo heroico encaixaban coa súa personalidade extravertida. A súa cabeza de Abraham Lincoln, tallada nun bloque de mármore de seis toneladas, expúxose na Casa Branca en tempos de Theodore Roosevelt e logo trasladouse á cripta do Capitolio dos Estados Unidos en Washington. Como patriota que cría que "os monumentos que construímos non son nosos", procuraba crear arte "estadounidense, extraída de fontes estadounidenses, que conmemorase os logros estadounidenses", segundo un artigo escrito por el en 1914 na revista The World's Work."Art that is Real and American". En The World's Work. Vol. XXVIII. Nº 2. Xuño de 2014. Páxina 200.

En 1908, Borglum gañou un concurso para a creación dunha estatua ecuestre do xeneral da Guerra Civil Philip Sheridan, que se colocaría en Sheridan Circle, en Washington. En 1923 erixiuse unha segunda versión desta estatua en Chicago, Illinois. Gañar este concurso foi un triunfo persoal para el, xa que se impuxo ao escultor J. Q. A. Ward, un artista moito máis veterano e consolidado, co que Borglum se enfrontara anteriormente en relación coa Sociedade Nacional de Escultura. Na inauguración da estatua de Sheridan, o presidente Theodore Roosevelt declarou que era "de primeira categoría", e un crítico escribiu que "como escultor, Gutzon Borglum xa non era un rumor, senón un feito".Smith, R. A. (1985). Páxina 54.