Leo é un filme estadounidense de 2023 dirixido por Robert Marianetti, Robert Smigel e David Wachtenheim, escrito por Smigel, Adam Sandler e Paul Sado, e producido por Sandler e Mireille Soria. É o segundo filme de animación da compañía produtora de Sandler Happy Madison Productions, 21 anos despois de Eight Crazy Nights (2002). Está protagonizado por Sandler, Bill Burr, Cecily Strong e Jason Alexander. Conta a historia dun tuatara ansioso por escapar e preocupado pola morte que é levado a casa por diferentes estudantes por encargo dunha profesora substituta estrita, pero que se ve atrapado nos problemas de cada alumno e ofrece consellos a cada un deles.

Leo estreouse a través de Netflix o 21 de novembro de 2023, conseguindo valoracións xeralmente positivas da crítica, que eloxiou a animación, o humor, as interpretacións vocais e os números musicais.

Personaxes

Adam Sandler como Leo Bill Burr como Squirtle Cecily Strong como Ms. Malkin Jason Alexander como pai de Jayda Rob Schneider como o director de Fort Myers Elementary School Allison Strong como Mrs. Salinas Jo Koy como adestrador Komura Sadie Sandler como Jayda Sunny Sandler como Summer Coulter Ibanez como Zane Bryant Tardy e Corey J. como Cole Ethan Smigel como Anthony Tienya Safko como Skyler Gloria Manning como Logan Carson Minniear como Cole #2 Roey Smigel como Eli e Benji Reese Lores como Mia Benjamin Bottani como Kabir Aldan Liam Phillipson como TJ Jackie Sandler como nai de Jayda Heidi Gardner como nai de Eli Robert Smigel como o drone e o poni Nick Swardson como Cinnabun Stephanie Hsu como nai de Skyler Nicholas Turturro como pai de Anthony

Notas

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en 2024 Categoría:Filmes ambientados en 2023 Categoría:Filmes sobre a vellez Categoría:Filmes de Netflix