Antonio Peña Novo, nado en Vilalba o 22 de agosto de 1887 e finado no mesmo concello o 26 de agosto de 1969, foi un avogado, escritor e político galego.
Traxectoria
O seu pai, Vicente Peña Rodríguez era un nome de negocios orixinario dos San Sebastián de Devesos, Ortigueira, e que fixera fortuna na Habana; a súa nai era María Novo Pardo, e tiveron 6 fillos: Dionisia, Carmen, o propio Antonio, Amparo, Plácido e Luís.
Cursou estudos no seminario de Mondoñedo. En 1911 editou o periódico El Ratón, e dende esa data colaborou na prensa local, en xornais de carácter anticaciquil e galeguista, con textos en prosa e verso. A partir de 1915 actuou en Vilalba como dinamizador cultural: participou na comisión creada para amañar a capela de san Roque; en 1918 foi un dos integrantes da Irmandade da Fala de Vilalba; promoveu sesións de cine e conferencias no Círculo de Artesáns.
A principios de 1930 participou na coalición Conjuncionista, unión de partidos de carácter liberal. Foi nomeado alcalde de Vilalba o 31 de decembro de 1934, permanecendo no cargo ata marzo de 1936. Finou en Vilalba o 26 de agosto de 1969.Necrolóxica en El Progreso, 27-8-1969, p. 4, 7. Obras Villalba en el siglo XIX, 2002.
Vida persoal
Casou en 1918 con Mercedes Rodríguez Prieto e tiveron 3 fillas: Carmiña, Mercedes e Raquel. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Antonio Peña Novo, ratón satírico y de biblioteca
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Alcaldes de Vilalba
Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Vilalba
Categoría:Nados en 1887
Categoría:Finados en 1969