"The Masses Against the Classes" é unha canción da banda galesa de rock alternativo Manic Street Preachers, publicada como un sinxelo de edición limitada en xaneiro do ano 2000. Foi un sinxelo independente, e o tema non apareceu en ningún álbum de estudio. O sinxelo foi eliminado o mesmo día do seu lanzamento pero a pesar diso acadou o número 1 no Reino Unido.

Antecedentes O título da canción deriva dunha cita do primeiro ministro británico do século XIX William Ewart Gladstone ("All the world over, I will back the masses against the classes", que en galego significa: En todo o mundo, apoiarei ás masas contra as clases). O sinxelo comeza cunha cita de Noam Chomsky e remata cunha de Albert Camus. A portada mostra a bandeira cubana sen a estrela, marca da ideoloxía política socialista da banda. O grupo tocou posteriormente na Habana, en febreiro de 2001, nun concerto con todas as entradas vendidas no teatro Karl Marx e con Fidel Castro entre o público, a quen coñeceron cando chegou só trinta minutos antes de que tivesen que tocar.Power, Martin (17 de outubro de 2010). Manic Street Preachers. Omnibus Press.

Lista de cancións Toda a música composta por James Dean Bradfield e Sean Moore agás onde se indique. Todas as letras escritas por Nicky Wire, agás onde se indique.

CD e 10" británicos "The Masses Against the Classes" – 3:23 "Close My Eyes" – 4:27 "Rock and Roll Music" (música e letra: Chuck Berry) – 2:53

Notas

Categoría:Cancións de Manic Street Preachers Categoría:Sinxelos de 2000