Juan de Dios de la Rada y Delgado, nado en Almería o 13 de agosto de 1827 e finado en Madrid o 3 de xullo de 1901, foi un avogado, político, arquiveiro, arqueólogo, numismático, orientalista e autor literario español, catedrático universitario e director do Museo Arqueolóxico Nacional de 1891 a 1900.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Juan de Dios de la Rada naceu en Almería o 13 de agosto de 1827,Almagro Gorbea, A. (1999). Páxina 146. un dos catro fillos de Margarita Delgado e Juan de Dios de la Rada y Henares,Entrala, F. (1862). "Biografía del doctor don Juan de Dios de la Rada y Henares". En El Museo Universal. Nº 29. 20 de xullo. Páxinas 227-228. catedrático de Medicina e de Física da Universidade de Granada."Juan de Dios de la Rada y Delgado". Real Academia de la Historia (RAH.es).Peiró Martín, I.; Pasamar Alzuria, G. (2002). Páxina 509.

De la Rada cursou estudos de Filosofía e Letras na Universidade de Granada, e en 1852 doutorouse en Xurisprudencia,Papí Rodes, C. "Juan de Dios de la Rada y Delgado". Museo Arqueológico Nacional (MAN.es).Almagro Gorbea, A. (1999). Páxinas 146-147. cunha tese sobre as probas criminais en materia xudicial, publicada en Granada no mesmo ano.Véxase "(1852)" en "Publicacións".

Carreira profesional e académica Culminada a súa etapa formativa, compaxinou o exercicio da avogacía co desempeño de varios traballos, como o de rexente agregado na Facultade de Filosofía e Letras de Granada (1849-1850), oficial na secretaría nesa universidade (1850-1853), profesor interino na Cátedra de Notariado (1852-1853) e oficial de secretaría da entón chamada Universidade Central (1853-1856), e tamén chegou a dirixir un xornal en 1856. Tamén foi avogado consultor do Patrimonio Real ata a Revolución de 1868.Almagro Gorbea, A. (1999). Páxina 147.

En 1858 ingresou no Corpo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Anticuarios, e en 1868 adscribiuse ao Museo Arqueolóxico Nacional, Institución que dirixiu desde o 19 de febreiro de 1891 ata a súa xubilación o 4 de agosto de 1900. A partir desa data pasou a ocupar o cargo de director do Museo de Reproducións Artísticas, ata o seu falecemento.

Paralelamente á súa actividade no ámbito museístico, Juan de Dios de la Rada foi tamén catedrático de Arqueoloxía, Numismática e Epigrafía da Escola Superior de Diplomática, primeiro en comisión, desde o 19 de novembro de 1856, e logo xa en propiedade, a partir do 7 de novembro de 1858); e foidirector da institución entre 1876 e 1900. No seo da Escola Superior de Diplomática contribuíu a impor o método histórico no estudo e na preservación do patrimonio, e foi o arqueólogo máis recoñecido do seu tempo. Tamén está considerado un dos pais da numismática moderna en España, xunto con Francisco Bermúdez de Sotomayor, Antonio Delgado e Antonio Vives y Escudero, entre outros.

Entre 1854 e 1857 foi tamén titular da cátedra de Disciplina Eclesiástica na Universidade Central, como substituto de Joaquín Aguirre.

No campo da arqueoloxía, o seu maior logro foi a organización, no seo do Museo Arqueolóxico Nacional, da expedición da fragata Arapiles polo Mediterráneo Oriental (Alxeria, Italia, Grecia, Turquía, Terra Santa e Exipto) en 1871, ordenada por Amadeu I de Savoia. No curso desta expedición adquiríronse diversas antigüidades que seguen a formar parte dos fondos do Museo Arqueolóxico Nacional. Entre 1876 e 1878, De la Rada publicou un longo e exhaustivo informe sobre esta viaxe,Véxase "(1876-1878)." en "Publicacións. que conta con debuxos e fotografías do arquitecto Ricardo Velázquez Bosco.Pascual González, J. (2005). "Don Juan de Dios de la Rada y Delgado y los expedicionarios de la fragata de guerra Arapiles en Tierra Santa". En Arbor. Nº 70. Páxinas 805-824.

Ao longo da súa traxectoria profesional, foi membro de numerosas comisións e grupos de expertos, como a comisión mixta organizadora das Comisións Provinciais de Monumentos Históricos e Artísticos, e presidiu a Comisión do IV Centenario do Descubrimento de América. Foi tamén vogal do Consello de Instrución Pública e do Consello de Filipinas e Ultramar;Sentenach, N. (1901). Páxina 641. así como vogal da Xunta Superior de Prisións.

De la Rada foi tamén poeta e escritor literario, e compaxinou os seus diversos cargos e traballos co exercicio privado da avogacía. miniatura|264x264px|De la Rada foi cofundador, editor e director da revista Museo Español de Antigüedades (1872-1880).Museo Español de Antigüedades [acceso en liña a todos os números]. Archive.org Entre os recoñecementos que mereceu, cómpre salientar a gran cruz da Orde de Isabel a Católica e o título de caballero da Orde de Carlos III, así como outras honras estranxeiras, como a de comendador da Orde de Cristo de Portugal, da Orde Imperial de Turquía e da Orde da Rosa do Brasil.

No terreo ideolóxico, Juan de Dios de la Rada era patriota, católico e de tendencia monárquica conservadora;Sentenach, N. (1901). Páxina 640. militou no Partido Liberal-Conservador de Cánovas del Castillo e estivo moi vinculado á Casa Real española. Foi elixido senador do Reino en dúas ocasións, polas provincias de Lleida (1886-1990) e pola de Castelló (1893-1895)."Rada y Delgado, Juan de Dios de la". Senado de España (Senado.es).

O 28 de abril de 1854 foi elixido membro correspondente da Real Academia da Historia, e o 27 de xuño de 1875 membro de número. Nesta institución formou parte da Comisión de Publicacións; e publicou máis de 20 comunicacións no Boletín de la Academia; e tamén ocupou o cargo de Anticuario desde o 8 de marzo de 1901 ata a súa morte, poucos meses despois. Igualmente, foi nomeado membro numerario da Real Academia de Belas Artes de San Fernando (14 de maio de 1882),Véxase "(1882)" en "Bibliografía". e académico profesor da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación.

Juan de Dios de la Rada y delgado finou en Madrid o 3 de xullo de 1901.

Publicacións

As abundantes publicacións de Juan de Dios de la Rada y Delgado son moi diversas, desde a creación literaria a estudos sobre xurisprudencia, astronomía e, sinaladamente, sobre historiografía, arqueoloxía e numismática. Ademais dos traballos monográficos publicou tamén numerosos artigos, principalmente nas revistas Museo Español de Antigüedades (cofundador, editor e director, 1872-1880), Revista Universitaria (director), La Academia (director), Boletín de la Sociedad Geográfica de Madrid, La Ilustración Católica, La Ilustración Española ou El Museo Universal."Juan de Dios de la Rada y Delgado". The Online Books Page.Almagro Gorbea, A. (1999). Páxina 148.Peiró Martín, I.; Pasamar Alzuria, G. (2002). Páxinas 509-510."Bibliografía del Excmo. Sr. D. Juan de Dios de la Rada y Delgado". En Sentenach, N. (1901). Páxinas 642-645."Rada y Delgado, Juan de Dios". GicesXIX.uab.cat Escolma de monografías miniatura|261x261px|Portada de Mugeres célebres de España y Portugal (1868).Historiografía e arqueoloxía

(1860). Viaje de SS. MM. y AA. por Castilla, Asturias y Galicia, verificado en el verano de 1858. Aguado, Madrid. (1860-1863). Historia de la Villa y Corte de Madrid. Tomo I (1860); Tomo II (1862); Tomo III (1863) (con José Amador de los Ríos). López de la Hoya, Madrid. (1868). Mugeres célebres de España y Portugal. Tomo I; Tomo II. Víctor Pérez, Barcelona.1868. (1869). Crónica de la provincia de Granada. Rubio, Grilo y Vitturi, Madrid. (1871). Memoria que presentan al Exmo. Sr. Ministro de Fomento, dando cuenta de los trabajos practicados y adquisiciones hechas para el Museo Arqueológico Nacional (con J. de Malibrán). Colegio Nacional de Sordomudos y Ciegos, Madrid. (1875). Antigüedades del Cerro de los Santos en el término de Montealegre [discurso de ingreso na RAH]. Fontanet, Madrid. (1876-1878). Viaje a Oriente de la fragata de guerra Arapiles y de la comisión que llevó á su bordo. Tomo I (1876); Tomo II (1878). Emilio Oliver, Barcelona. (1882). Discursos leídos ante la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando [...]. Fontanet, Madrid. (1883). Catálogo del Museo Arqueológico Nacional. Sección 1ª. Tomo I. Fortanet, Madrid. (1885). Necrópolis de Carmona. Manuel Tello, Madrid. (1892). Códice maya, denominado cortesiano (con J. López de Ayala). Madrid. (1893). Geología y protohistoria ibéricas (con J. Vilanova y Piera) [Historia General de España]. El Progreso, Madrid. (1893). Historia de España desde la invasión de los pueblos germánicos hasta la ruina de la monarquía visigoda (con E. de Hinojosa) [Historia General de España II]. El Progreso, Madrid. miniatura|260x260px|Catálogo de monedas arábigas españolas que se conservan en el Museo Arqueológico Nacional (1892).

Numismática

(1876). Programa de la asignatura de Numismática Antigua y de la Edad Media, y especialmente de España, y de epigrafía . Universidad Central. Fortanet, Madrid. (1892). Catálogo de monedas arábigas españolas que se conservan en el Museo Arqueológico Nacional. Fortanet, Madrid. (1886). Bibliografía numismática española . Manuel Tello, Madrid, 1886.

Dereito

(1852). Reflexiones sobre las pruebas criminales en materia judicial . Manuel Suárez, Granada. (1953). Manual preparatorio para los exámenes del 1º y 2º año de notariado . Astudillo y Garrido, Granada. (1856-1857). Elementos de Derecho Romano. Tomo I (1856); Tomo II (1857). Repullés, Madrid. (1867). Ley de enjuiciamiento civil. Contiene el testo [sic de la edición oficial anotada [...]]. Villaverde, Madrid. (1895). Derecho usual . Viuda de Hernando. Madrid.

Traducións

(1884). Ensayo sobre la interpretación de la escritura hierática de la América Central, por Léon de Rosny. Manuel Tello, Madrid. (1889). Historia de Caldea desde los tiempos más remotos hasta el origen de Asiria [... por Zénaïda A. Ragozin]. Miguel Miranda, Madrid. Creación literaria

(1858). D. Ramon Berenguer (el Viejo), Conde de Barcelona: novela histórica. Salvador Manero, Barcelona. (1860). Canto en octavas, por la toma de Tetuán. J. M. Ducazcal, Madrid. (1863). Cristóbal Colón: drama histórico en tres actos y en verso. José Rodríguez, Madrid. (1865). Dos madres y un solo amor. Drama en tres actos y en verso. José Rodríguez, Madrid. (1865). Romances leídos en la solemne adjudicación de Premios a la virtud, celebrada por la Sociedad Económica Matritense el 12 de marzo de 1865 . Colegio de Sordomudos y de Ciegos, Madrid. miniatura|294x294px|Dos madres y un solo amor. Drama en tres actos y en verso (1864).Otros

(1862). Abecedario de la virtud: dedicado á los niños. López de la Hoya, Madrid. (1866). Estudios de Geografía astronómica . Juan Bastinos e hijo, Barcelona. (1869). La educación de la mujer por la historia de otras mujeres. Universidad de Madrid. Rivadeneyra, Madrid. (1881). El amigo del soldado . Gregorio Juste, Madrid. (1888). Frescos de Goya en la Iglesia de San Antonio de la Florida (con J. M. Galván). Manuel Tello, Madrid.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Almagro Gorbea, A. (1999). "Juan de Dios de la Rada y Delgado (1901)". En El Gabinete de Antiguedades de la Real Academia de la Historia. Real Academia de la Historia, Madrid. Páxinas 146-148. ISBN 84-89512-47-7 Peiró Martín, I.; Pasamar Alzuria, G. (2002). "Rada y Delgado, Juan de Dios de la". En Diccionario Akal de Historiadores españoles contemporáneos. Páxinas 509-510. Akal, Madrid. ISBN 84-460-1489-0 Sentenach, N. (1901). "Don Juan de Dios de la Rada y Delgado". En Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos. Nº 8-9. Páxinas 638-645.

Categoría:Nados en Almería Categoría:Nados en 1827 Categoría:Finados en 1901 Categoría:Arqueólogos de España Categoría:Numismáticos de España Categoría:Escritores de Andalucía Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Avogados de España Categoría:Académicos da Real Academia da Historia Categoría:Académicos da Real Academia de Belas Artes de San Fernando Categoría:Directores de museos Categoría:Museo Arqueolóxico Nacional de España Categoría:Arquiveiros de España Categoría:Bibliotecarios Categoría:Orientalistas Categoría:Alumnos da Universidade de Granada