Aleqa Hammond, nada en Narsaq o 23 de setembro de 1965, é unha política groenlandesa e exmembro do Folketing (parlamento) dinamarqués. Antiga líder do partido Siumut, converteuse na primeira muller primeira ministra de Groenlandia despois de que o seu partido emerxese como a facción parlamentaria máis grande do país nas eleccións de 2013. AP, 13 de marzo de 2013 En 2014 deixou o cargo de primeira ministra e líder de Siumut, tras un caso de malversación de fondos públicos. Foi expulsada de Siumut o 23 de agosto de 2016 tras outro caso de mal uso de fondos públicos e converteuse nunha política independente. O 31 de marzo de 2018 anunciou que se presentaría ás eleccións xerais de Groenlandia de 2018 en represetación do partido Nunatta Qitornai, unha escisión de Siumut.

Traxectoria Naceu en Narsaq, mais criouse en Uummannaq. Siumut O seu pai Piitaaraq Johansen morreu nunha viaxe de caza cando ela tiña sete anos despois de caer polo xeo. Asistiu ao Colexio Ártico de Nunavut en Iqaluit (no Canadá) entre 1989 e 1991, antes de estudar na Universidade de Groenlandia dende 1991 até 1993. Nunca completou os seus estudos.

En 1993, comezou a traballar para "Turismo de Groenlandia" como coordinadora rexional na baía de Disko. En 1994, utilizou un cuarto de hotel e proporcionou conscientemente unha tarxeta de crédito que fora bloqueada (por abusos anteriores) para cubrir a factura de 5.000 kr, e foi condenada por fraude en 1996. En 1995, converteuse en Oficial de Información na secretaría do Gabinete, antes de traballar para a oficina de Turismo de Nuuk dende 1996 até 1999. Entre 1999 e 2003, foi comisaria do Consello Circumpolar Inuit, e tamén traballou nos Xogos de Inverno do Ártico de 2002. De 2004 a 2005 traballou na industria do turismo en Qaqortoq como guía turística.

Carreira política Foi elixida por primeira vez para o Parlamento de Groenlandia nas eleccións de 2005, Nunatsiaq Online, 11 de marzo de 2013 e foi nomeada conselleira de Familia e Xustiza. New Apostolic Church, 22 de decembro de 2005 En 2007, converteuse en ministra de Finanzas e Asuntos Exteriores, pero en 2008 dimitiu oficialmente en protesta polo tamaño do déficit orzamentario do goberno. The Guardian, 11 de decembro de 2008

Logo de que Siumut perdese as eleccións de 2009, substituíu a Hans Enoksen como líder do partido. Nas eleccións de 2013, recibiu o maior número de votos persoais. Copenhagen Post, 13 de marzo de 2013 Como primeira ministra expresou a súa esperanza de experimentar que Groenlandia se converta nun país independente. Ela dixo: "Estamos a falar de construír unha nación a nivel mental. Manifestarémonos como pobo e esixiremos o que nos corresponde. Asumiremos a responsabilidade por nós mesmos e polas nosas familias. E como políticos asumiremos a responsabilidade do noso país". O 1 de outubro de 2014, Hammond tomou unha excedencia porque estaba a ser investigada por un escándalo de gastos, e Kim Kielsen converteuse en primeiro ministro en funcións, e tamén a sucedeu como líder do partido Siumut. Kielsen posteriormente substituíuna permanentemente.

En 2015, Hammond foi elixida para o Folketing dinamarqués nas eleccións xerais. Con 3.745 votos, obtivo o maior número de votos persoais en Groenlandia. Qinersineq Foi expulsada do partido Siumut o 23 de agosto de 2016 logo dun caso de abuso da súa tarxeta de crédito do Folketing para gastos privados e converteuse en independente. En 2017, converteuse en presidenta do Comité de Groenlandia tras un acordo de apoio ao goberno de centro dereita. O 31 de marzo de 2018, anunciou a súa candidatura ao parlamento groenlandés en representación de Nunatta Qitornai.

Vida persoal É membro da Nova Igrexa Apostólica.

Notas

Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Groenlandia Categoría:Alumnos da Universidade de Groenlandia Categoría:Alumnos do Colexio Ártico de Nunavut Categoría:Primeiros ministros de Groenlandia Categoría:Ministros de Finanzas de Groenlandia Categoría:Ministros de Xustiza de Groenlandia Categoría:Ministros de Asuntos Exteriores de Groenlandia Categoría:Políticos de Siumut Categoría:Deputados do Parlamento de Groenlandia Categoría:Nacionalistas groenlandeses