Estanislao Núñez Barrios, nado en Villar de los Barrios (Ponferrada) cara a 1882 e finado en Vigo o 21 de xullo de 1936, foi un empresario español.

Traxectoria

Fundou na Coruña a industria La Artística en 1906. Instalou no Calvario a cromolitografía Estanislao Núñez para impresión e construción de envases para conservas en 1921. Foi presidente da Federación Gremial de Patróns de Vigo e directivo da Cámara de Comercio de Vigo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o seu chalé no Seixo foi asaltado por membros da resistencia popular republicana, Estanislao defendeuse a tiros desde o interior e despois intentou ocultarse nun milleiral, pero foi descuberto e asasinado.

Vida persoal

Casou con Josefa Saavedra Espoz e foi pai de 12 fillos. Neto seu é Estanislao Fernández de la Cigoña. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Personalidades da empresa Categoría:Nados en Ponferrada Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1936