Taiyo, tamén coñecido como SRATS (Solar Radiation and Thermospheric Satellite), foi un satélite artificial xaponés lanzado o 24 de febreiro de 1975 a bordo dun foguete M-3C desde o Centro Espacial de Uchinoura.

Características Taiyo era un satélite lanzado a órbita para facer investigacións aeronómicas. Tiña forma de octógono de 75 cm de diámetro e 65 cm de altura e estabilizábase mediante xiro. Do corpo do satélite estendíanse catro sondas de plasma unidas a mastros de 0,5 m de longo. A alimentación eléctica era proporcionada por 6000 células solares que cubrían os lados do satélite e que producían ata 15 W de potencia.

A misión do satélite era estudar a ionosfera mediante a observación simultánea da radiación solar ionizante, o albedo ultravioleta da Terra, a composición dos ións positivos e os parámetros do plasma na ionosfera.

O satélite reentrou na atmosfera terrestre o 28 de xuño de 1980.

Notas

Véxase tamén Outros artigos M-3C Centro Espacial de Uchinoura

Categoría:Satélites artificiais