Iria Taibo Corsanego, nada na Coruña en 1977, é unha tradutora e intérprete galega, deputada no Parlamento de Galicia no grupo do Bloque Nacionalista Galego.

Traxectoria Fixo un grao de Tradución na Universidade de Vigo e é presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación.

Nas eleccións municipais de 2023, presentouse no número 2 da candidatura do BNG por Oleiros, mais non saíu elixida.

Foi a número 3 na lista da súa formación, na súa provincia, nas eleccións xerais de España de 2023.

Presentouse nas listas do BNG ás eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 pola provincia da Coruña no posto número 8 saíndo elixida deputada.

Ten colaborado con artigos en Nós Diario.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1977 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Políticos do BNG Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores do castelán Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes