John Adam Eckfeldt, nado en Filadelfia o 15 de xuño de 1769 e finado na mesma cidade o 6 de febreiro de 1852, foi un traballador da primeira etapa da Casa da Moeda dos Estados Unidos en Filadelfia, o segundo en ocupar o cargo de cuñador xefe, entre 1814 e 1839.

O pai de Adam Eckfeldt era propietario dunha gran ferraría e participou nos primeiros intentos de cuñar moeda estadounidense. Adam Eckfeldt construíu as primeiras prensas da Ceca de Filadelfia, gravou algúns dos seus primeiros cuños e foi responsable dos deseños das primeiras moedas de cobre estadounidenses, así como da famosa proba dos 5 centavos de prata (half disme) de 1792, que algunhas autoridades consideran como a primeira moeda propiamente dos Estados Unidos. Foi nomeado cuñador adxunto da Casa da Moeda en 1796, e pasou a ser cuñador xefe logo do falecemento do seu predecesor, Henry Voigt, en 1814.

Eckfeldt foi cuñador xefe durante un cuarto de século, período no que a Ceca de Filadelfia se trasladou a unhas novas instalacións. Ademais dos labores propios do seu cargo, Eckfeldt comezou a apartar e conservar as moedas raras que a poboación entregaba á casa da moeda como metal para a súa fundición e posterior recuñaxe, e puxo en marcha un gabinete numismático na casa da moeda, que evolucionou ata se converter na Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos.

Mesmo despois da súa xubilación en 1839, Eckfeldt seguiu desempeñando voluntariamente e sen retribución as funcións de cuñador xefe, e logo do seu falecemento foi relevado por Franklin Peale.

Traxectoria

Primeiros anos e formación John Adam Eckfeldt naceu en Filadelfia, Pensilvania, o 15 de xuño de 1769, fillo de Maria Madalena e de John Jacob Eckfeldt,Smith, P. (2020). un gran fabricante de ferramentas e utensilios de corte.Forrer, L. (1907). Evans, G. G., ed. (1885). Páxinas 110-111.Hotchkin, S. F. (1897). Páxinas 348-349. Naquela época, era común que os descendentes de alemáns levasen como primeiro nome "John", aínda que o común era que se lles chamase polo segundo nome.Smith, P. (1997). Páxina 61.

Os pais de Adam emigraran de Nuremberg, en Baviera, cara a 1764. John Jacob Eckfeldt, na súa gran ferraría, fabricara xa algúns cuños para a cuñaxe de moedas de 1783 baixo os Artigos da Confederación, autorizado polo financeiro de Filadelfia Robert Morris. Adam foi aprendiz do seu pai e adquiriu unha gran destreza no traballo co ferro e no uso da maquinaria.Taxay, D. (1983) . Páxina 102.

Carreira na Casa da Moeda de Filadelfia miniatura|300x300px|Inspección das primeiras moedas, de John Dunsmore (1856-1945). Entre outros, o presidente Washington (4º pola esquerda), o daquela secretario de estado Thomas Jefferson (5º), a primeira dama (6ª, sentada), David Rittenhouse (7º), Henry Voigt (8º) e Adam Eckfeldt (9º). Durante a infancia de Eckfeldt, as trece colonias británicas situadas ao longo da costa atlántica dos actuais Estados Unidos subleváronse, o que deu lugar á posterior independencia daqueles territorios. Logo da ratificación da Constitución estadounidense, o Congreso e numerosas oficinas gobernamentais pasaron a ter a súa sede en Filadelfia, incluída a Casa da Moeda dos Estados Unidos, que se acababa de crear.Taxay, D. (1983) . Páxinas 72-73. Adam Eckfeldt construíu a primeira prensa de fuso para as novas instalacións en 1792, o mesmo ano en que o Congreso aprobou a coñecida como Lei da Moeda de 1792, que autorizaba o establecemento dunha casa de moeda nacional, e el foi o encargado de gravar o cuño do anverso do centavo experimental de Birch ese mesmo ano. Adam tamén construíu outra maquinaria para a casa da moeda e axudou a supervisar as súas primeiras cuñaxes.Taxay, D. (1983) . Páxina 59. miniatura|Prensa de Eckfeldt de 1792, exposta na Ceca de Filadelfia baixo o cadro de Dunsmore, no que sae representada.|249x249px En 1792, a casa da moeda adquiriu tres balanzas de Eckfeldt, quen tamén lle prestou á institución o seu torno, que pasou a utilizarse para tornear os cuños.Taxay, D. (1983) . Páxina 73. Crese que Eckfeldt foi quen elaborou o cuño a partir do cal se cuñou a moeda de cinco centavos de prata (half disme) de 1792, considerada por algúns como a primeira moeda cuñada de xeito oficial polo Goberno dos Estados Unidos. En 1829, un visitante da casa da moeda coñeceu a Eckfeldt e máis tarde describiuno como "un artista que fixo o primeiro cuño utilizado nela".Taxay, D. (1983) . Páxina 71. E tamén outros relatos posteriores documentan o papel de Eckfeldt nesta cuñaxe: nunha poxa de 1863 vendeuse un exemplar do half disme presumiblemente regalado por Eckfeldt para demostrar o seu traballo. Cítase a Eckfeldt como fonte da tradición de que esa cuñaxe en proba foi cuñada por petición do presidente George Washington para ser utilizada como agasallo.Taxay, D. (1983) . Páxina 72.

Eckfeldt fixo funcionar a súa prensa de fuso para cuñar aproximadamente 1.500 exemplares do half disme o 13 de xullo de 1792. Como a primeira Casa da Moeda de Filadelfia aínda estaba daquela en construción, estas moedas producíronse no soto de John Harper, un fabricante de serras de Filadelfia.Breen, W. (1988). Páxinas 152-153. Na súa mensaxe anual ao Congreso a finais dese ano, Washington deu conta da construción en curso dun edificio para a casa da moeda e declarou: "Tamén houbo un pequeno comezo na cuñaxe de half dismes; a falta de moedas pequenas en circulación fixo que a primeira atención recaese neles".Orosz, J. J. (2012). Eckfeldt tamén cuñou unha proba dunha moeda de dez centavos (disme), cunha tiraxe de só uns poucos exemplares.Taxay, D. (1983) . Páxina 76.miniatura|280x280px|Cuñaxe en proba da moeda de 5 centavos (half disme) de 1792."5 Cents "Half Disme"". Numista.comCando en 1793 saíron da casa da moeda os primeiros centavos de cobre, a súa aparencia foi considerada ruda pola poboación, que os recibiu con burlas, o que motivou que se lle pedise a Eckfeldt que realizase uns novos cuños. O resultado foi a inclusión dunha coroa vexetal no reverso do centavo (centavo Wreath) no canto da cadea da emisión anterior (centavo Chain), ademais dun trevo baixo a cabeza da representación alegórica da Liberdade no anverso.Taxay, D. (1983) . Páxina 104. Tamén gravou os cuños da primeira moeda de medio centavo ese mesmo ano.Taxay, D. (1983) . Páxina 105.Taxay, D. (1983) . Páxina 105. Eckfeldt continuou a traballar de xeito intermitente para a Casa da Moeda de Filadelfia. En 1793 construíu un dispositivo para introducir automaticamente os discos no colo do cuño e expulsar as moedas xa cuñadas, e os rexistros da casa da moeda revelan que realizou tamén traballos alí, contratado por obra, en xullo de 1795.Smith, P. (1997). Páxina 62. En outubro de 1795 xa consta no cadro de persoal da casa da moeda, co posto de forxador e torneiro de cuños, cun salario de 500 dólares por ano. O 1 de xaneiro de 1796, o director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Elias Boudinot, nomeouno cuñador adxunto, coa anuencia do presidente Washington. As súas funcións nese posto eran amplas.

Cando se comprobou que os cuños que se estaban a utilizar resultaban demasiado quebradizos e fendían con facilidade, a Eckfeldt ocorréuselle a idea de esparexer auga sobre a face do cuño para que o aceiro se temperase uniformemente. En 1805, por petición do director Boudinot, Eckfeldt eliminou tamén un problema de seguridade para a casa da moeda alugando dúas casas adxacentes, o que lle permitiu pechar unha calella interna ao acceso do público.Orosz, J. J.; Augsburger, L. D. (2011). Páxina 49. O ano seguinte, o novo director da casa da moeda, Robert Patterson, solicitou un aumento de soldo de 200 dólares para Eckfeldt, cunha carta dirixida ao presidente Thomas Jefferson na que aseguraba que Eckfeldt exercía de facto "a dirección de todo o departamento de cuñaxe".

De cativo, o inventor George Escol Sellers coñecía a Eckfeldt, xa que o pai de Sellers era socio dunha empresa que lle subministraba maquinaria á casa da moeda. Nos derradeiros anos do século XIX e da vida de Sellers, este publicou as súas memorias, nas que revivía lembranzas da primeira Casa da Moeda de Filadelfia. Entre as anécdotas, recordaba que en 1812 se asomou por unha fiestra para ver como se cuñaban os centavos, e que Eckfeldt entrou na sala para deter o traballo ao final do día. Ao ver o neno, fíxoo entrar, díxolle que colocase un disco de cobre na prensa e cuñouno para el. Sellers estivo a piques de o deixar caer porque estaba moi quente. Eckfeldt lembroulle que estaba frío cando o colocou na prensa e díxolle que o gardase ata que soubese por que quecera tanto, e que daquela xa podería gastar a moeda en caramelos.Orosz, J. J.; Augsburger, L. D. (2011). Páxinas 50-51.

Etapa como cuñador xefe miniatura|Réplica en prata da medalla da xubilación de Adam Eckfeldt. Anverso creado por Moritz Fürst (1839).|200x200px miniatura|Reverso da anterior, obra de Moritz Fürst ou de Franklin Peale.|200x200px Logo do pasamento do que fora o primeiro cuñador xefe da casa da moeda, Henry Voigt, o 15 de febreiro de 1814, Eckfeldt foi nomeado como o seu sucesor polo presidente James Madison, e desempeñou ese cargo durante un cuarto de século, ata 1839. Durante o seu mandato, seguiu mellorando a maquinaria da Ceca de Filadelfia.

Eckfeldt estableceu que en cada cuñaxe se reservasen e conservasen as "moedas mestras" —as cuñadas con extremo coidado, sobre discos especialmente puídos e cos primeiros golpes dos cuños novos—.Evans, G. G., ed. (1885). Páxina 41. Tamén comezou a apartar as moedas estranxeiras raras e interesantes, das que a poboación enviaba á casa da moeda para a súa fundición e posterior conversión en moeda estadounidense. Todas estas pezas pasaron a formar parte do Gabinete Numismático da Casa da Moeda, que Eckfeldt creou en 1838 no seo desa institución.Camparette, L. T. (1906). Páxina 78. Para cubrir as lagoas desa incipiente colección pública, mesmo utilizou cuños antigos para cuñar algunhas moedas con data posterior. Os especialistas descubriron que algúns dos cuños de anverso e de reverso que el elixiu para tal fin non se utilizaran xuntos no seu día para cuñar moedas destinadas á circulación, creando así exemplares únicos.Smith, P. (1997). Páxina 63. Tamén adquiriu algunhas pezas que lle resultaban de interese para completar a colección, entre as que se achaba un espécime do dobrón Brasher, do que só se coñecen seis exemplares.Breen, W. (1988). Páxina 92. Eckfeldt adoitaba botar man dos seus propios fondos para adquirir moedas para o Gabinete da Casa da Moeda. Co tempo, esta colección converteuse na Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos, xestionada polo Instituto Smithsoniano.Lange, D. W. (2006). Páxina 162.

En 1828, Eckfeldt participou novamente nunhas transaccións inmobiliarias para ampliar as operacións da Ceca de Filadelfia, e por 1.000 dólares promoveu a adquisición dun dos terreos que se alugaran en 1805. Despois do traslado da primeira casa da moeda ás súas novas instalacións na década de 1830, Eckfeldt logrou tamén que aqueles terreos se vendesen en 1837 pola mesma suma pola que foran comprados. O novo edificio da Ceca de Filadelfia estaba nas rúas Juniper e Chestnut, a só seis quinteiros da residencia de Eckfeldt, na propia rúa Juniper.Orosz, J. J.; Augsburger, L. D. (2011). Páxinas 62-63.

George Escol Sellers, nas súas memorias antes citadas, describiu a Eckfeldt como:Ferguson, E. S., ed. (1965). Páxina 70.