Lidia Kostjantinivna Semenova, nada en Kíiv o 22 de novembro de 1951 e finada o 4 de xullo de 2025,Померла легендарна українська шахістка Семенова foi unha xadrecista ucraína, Gran Mestra Feminina dende 1982.

Traxectoria En 1978 gañou o Campionato Soviético de Xadrez Feminino. En 1982 quedou en segundo lugar no Interzonal de Bad Kissingen, en que Nona Gaprindashvili logrou a vitoria. En 1983 venceu en cuartos de final a Margareta Mureşan (5½–4½) en Bad Kissingen e a Nana Ioseliani (5½–4½) en semifinais en Sochi. En 1984 caeu ante Irina Levitina (5–7), polo que ficou fóra do Mundial Feminino de Xadrez.

Semenova logrou tres medallas de ouro nas Olimpíadas de Xadrez Feminino de Tesalónica de 1984, entre elas a medalla por equipos e a individual no taboleiro 4.

En 1986 empatou no 4º–5º lugar no Torneo de Candidatas en Malmö, no que Elena Akhmilovskaia logrou a vitoria. En 1987 empatou no 3º–4º posto no Interzonal de Tuzla, que gañou Nana Ioseliani, e foi eliminada por Agnieszka Brustman (1–4). En 1993 empatou de 12º–18º no Interzonal de Iacarta e en 1995 de 10–16º no de Chișinău. Nos dous torneos Ketevan Arakhamia alzouse coa vitoria.

Notas

Categoría:Xadrecistas da Unión Soviética Categoría:Xadrecistas de Ucraína Categoría:Nados en 1951 Categoría:Finados en 2025