A galega da moeda é unha pintura barroca de Bartolomé Esteban Murillo ou, máis probablemente, de autoría anónima atribuíble a un seguidor seu. O cadro consérvase no Museo do Prado de Madrid.

Descrición Trátase dun óleo sobre lenzo pintado cara a mediados do século XVII, presumiblemente entre 1645 e 1659, cunhas medidas de 63 x 43 cm."La gallega de la moneda". Museo del Prado (Museodelprado.es).

A pintura presenta a figura dunha rapaza de medio corpo e inclinada, coa cabeza cuberta por un pano branco, que olla cara ao espectador cun sorriso, como ofrecéndolle unha moeda que leva na súa man dereita. A imaxe está iluminada intensamente por unha luz proveniente do lateral esquerdo.

A técnica é suave e delicada, cunha grande atención ao detalle tanto na roupa como na expresión facial da rapaza. O artista utilizou unha paleta de cores suaves e cálidas, que acentúan a beleza natural da modelo."La Chica con una Moneda (Niña de Galicia)". Kuadros.com

Algúns autores, como Jonathan Brown, atribúenlle a esta obra e a outras pinturas costumistas de Murillo un certo contido erótico,Brown, J. (1982). "Murillo, pintor de temas eróticos. Una faceta inadvertida de su obra". En Goya. Revista de Arte. Nº 169-171. Páxinas 35-43 e mesmo se chegou a identificar o tema d'A galega da moeda co d'A cortesá, de Jacob Adriaensz (1608-1651),"Cortesã. Museu Nacional de Arte Antiga". Matriznet.dgpc.pt no que se amosa unha rapaza cos peitos descubertos amosando unha moeda, como indicativo do prezo dos seus servizos. Con todo, o estudoso da obra de Murillo e a súa época Enrique Valdivieso nega tal interprteación.Valdivieso, E. (2002). Pastoriza, F. R. (2017).

O cadro pertence aos fondos do Museo do Prado, de Madrid, aínda que non se amosa na súa exposición permanente. O mesmo museo alberga tamén unha copia litográfica d'A galega da moeda creada por Enrique Blanco entre 1826 e 1837, coa intención de ilustrar o terceiro volume da Colección litográfica de cuadros del rey de España el señor don Fernando VII, aínda que finalmente non formou parte dela."La gallega de la moneda. 1826-1837. Aguatinta litográfica". Museo del Prado (Museodelprado.es).

Autoría Anteriormente este cadro foi adquirido como obra de Bartolomé Esteban Murillo por Isabel de Farnesio, e nos inventarios posteriores a súa atribución alternou entre Murillo e un autor anónimo.Orihuela, M. (1996). Páxina 100.

Algúns autores sosteñen que foi pintado polo propio Murillo na década de 1670, durante a súa estadía en Madrid. Angulo Íñiguez suxire, pola contra, unha probable autoría francesa ou italiana.Angulo Íñiguez, D. (1981). Vol. II. Páxina 557. Pola súa banda, Valdivieso, no seu estudo sobre os discípulos e os seguidores de Murillo, adscribe a autoría da obra a este grupo de pintores,Valdivieso, E. (2018). Páxinas 386-387. que cultivaron unha pintura de xénero.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Angulo Íñiguez, D. (1981). Murillo. Espasa-Calpe, Madrid, 1981. ISBN 84-239-4280-5 Gaya Nuño, J. A. (1978). La obra pictórica completa de Murillo. Noguer, Barcelona. Orihuela, M. (1996). Pintores del reinado de Carlos II. Fundación Vidal Kutxa, Vitoria. ISBN 9788460620792 Pastoriza, F. R. (2017). "La misteriosa gallega de Murillo". En Faro de Vigo. 3 de decembro. Valdivieso, E. (2002). "A propósito de las interpretaciones eróticas en pinturas de Murillo de asunto popular". En Archivo Español de Arte. LXXV. 300. Páxinas 353-359. Valdivieso, E. (2018). La Escuela de Murillo: Aportaciones al conocimiento de sus discípulos y seguidores. Universidad de Sevilla / Ayuntamiento de Sevilla.

Outros artigos

Bartolomé Esteban Murillo Pintura barroca de España

Ligazóns externas Vídeo: +ARTE+ Murillo. La gallega de la moneda (~1645-50). En detalles

Categoría:Cadros do Museo do Prado Categoría:Pintura do Barroco