Soiuz MS-24 é unha misión espacial rusa lanzada o 15 de setembro de 2023 mediante un foguete Soiuz 2-1a desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz MS-24, unha Soiuz modelo MS, foi unha misión lanzada cos cosmonautas Oleg Kononenko, Nikolai Chub e Loral O'Hara a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A tripulación de respaldo era Oleg Novitski, Marina Vasilevskaia e Loral O'Hara. A nave chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de tres horas e acoplándose ao módulo Rassvet.
A nave regresou a terra o 6 de abril de 2024 con Oleg Novitski e Marina Vasilevskaia a bordo, chegados á estación na Soiuz MS-25, xunto con Loral O'Hara. A cápsula cos tripulantes tocou terra a 147 km ao sueste de Dzhezkazgan (Kazakhstán).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz 2-1a Estación Espacial Internacional
Categoría:Programa Soiuz