miniatura|360x360px|Pintura de François Lemaire (ca. 1643-1648) que amosa a Jean Varin, gravador xeral de moedas de Francia, amosándolle a Luís XIV moedas e medallas no seu gabinete numismático (Musée de la Monnaie, París).

A historia da medalla francesa ten a súa orixe na primeira metade do século XV, precedendo nalgunhas décadas ao inicio da produción medallística italiana, aínda que marcada por un gusto gótico tardío. Despois axustouse ao modelo italiano, seguindo de preto a súa evolución, e non acadou un papel de primeira orde en Europa ata o século XVII, coa produción barroca nacida na corte do Rei Sol. Esta preeminencia confirmouse cunha influencia aínda maior no período neoclásico, coas medallas napoleónicas

Inicios: séculos XV e XVI Nas cortes francesas de finais da Idade Media xeneralizouse o costume de doar grandes medallóns de ouro coa efixie do soberano ou do príncipe reinante, derivada da moeda corrente, en versión ampliada e preciosa. Ben coñecida é a serie de retratos de heroes da cristiandade do duque de Berry, e coñecido tamén polas fontes, aínda que non chegara ata nós, é un retrato seu nunha xoia circular de ouro, que data xa de ca. 1413-1416. O exemplo máis antigo de medalla-retrato de soberanos vivos que chegou ás nosas datas é, no entanto, posterior: unha medalla cuñada en Lión en 1494 por Louis, Jean Lepére e Nicolas de Florencia,"Florence, Nicolas de" e "Fiorentino, Niccolo". En Forer, L. (1907). Vol. 2. Páxinas 93, 106. con motivo da campaña de Carlos VIII (1483-1498) en Italia (1494), e que representa a este no anverso e a súa esposa Ana da Bretaña no reverso. De medio corpo, os soberanos están representados cunha boa modelaxe, aínda que o fondo de flores de lis e armiños amosa o mantemento dun gusto puramente heráldico e medieval.Pollard, G.; Mauro Mori, G. (1981). Páxina 25. miniatura|200x200px|Medalla de Luis XIII e Ana da Bretaña, por Nicolas Leclerc, Jean de Saint-Priest e Jean Lepérec (1499). A presenza de artistas italianos nas cortes francesas, como Francesco Laurana,"Laurana, Francesco". En Forrer, L. (1907). Vol.3. Páxinas 339-343. de 1477 a 1500 entre os Anjou e de Luís XI (1461-1483), ou Giovanni Candida,"Candida, Giovanni". En Forrer, L. (1904). Vol. 1. Páxinas 334-338. para o delfín Francisco de Valois, conduciu de camiño a un aliñamento cos logros italianos máis típicos tamén no campo das medallas, de xeito similar ao que ocorrería coas artes pouco despois a través da escola de Fontainebleau. Na corte de Francisco I (1515-1547) traballaron Matteo dal Nassaro e Benvenuto Cellini,"Nassaro, Matteo dal". En Forrer, L. (1909). Vol. 4. Páxinas 219-225."Cellini, Benvento". En Forrer, L. (1904). Vol. 1. Páxinas 375-385. quen cuñou unha coñecida medalla do soberano que circulou amplamente, e que tamén serviu de modelo para os retratos executados por Tiziano. miniatura|200x200px|Medalla de Catarina de Medici, por Germain Pilon (antes de 1590). Gabinete de Medallas, París. Baixo Henrique II (1547-1559) comezaron a imporse os artistas franceses, como Etienne Delaune e Germain Pilon,"Delaune, Etienne". En Forrer, L. (1904). Vol. 1. Páxina 550."Pillon, Germain". En Forrer, L. (1909). Vol. 4. Páxinas 539-454. este último especializado tamén en retratos monumentais sobre placas de bronce. A actividade dos medallistas foi ennobrecida máis tarde por Carlos IX (1560-1574), que creou o cargo de contrôleur général des effigies ("controlador xeral de efixies"), ocupado por primeira vez por Pilon. Debía subministrar, polo menos en teoría, todos os modelos de cera da imaxe do rei que servisen de modelo para toda a produción de moedas e medallas. A preocupación do soberano por supervisar a calidade dos seus retratos, explicitamente formulada aquí por primeira vez, confirma o papel esencialmente propagandístico dos cuños. Entre as mellores obras de Pilon, que executou medallas de numerosos membros da casa de Valois, figura a medalla de Henrique II, onde os planos están tan ben definidos que permanecen nítidos desde calquera ángulo de perspectiva. Entre as obras de cortesáns e cidadáns, a medalla de René Birague"Virague, René". En Forrer, L. (1909). Vol. 4. Páxinas 539-454. posúe un nivel artístico digno de competir cos mellores tondos esculpidos contemporáneos.

Tamén é de salientar na segunda metade do século a actividade doutro italiano, Jacopo Primavera,"Primavera, Jacopo". En Forrer, L. (1909). Vol. 4. Páxinas 691-696. que realizou delicados retratos femininos na corte francesa entre 1568 e 1575, entre eles un de Catarina de Medici.Pollard, G.; Mauro Mori, G. (1981). Páxina 26.

A Pilon sucedeuno Guillaume Dupré,"Dupré, Guillaume". En Forrer, L. (1904). Vol. 1. Páxinas 654-660.Smolderen, L. (1990). "A propos de Guillaume Dupré". En Revue numismatique. 32. Páxinas 232-253. cuxa medalla do rei Henrique IV (1589-1610) xunto á súa favorita Gabrielle d'Estrées lle valeu o título de "escultor ordinario da Súa Maxestade" en 1597 e interventor de efixies a partir de 1604. As súas obras, ben proporcionadas en relación co formato redondo da medalla, distínguense polo seu ton de realismo sofisticado, libre da adulación cortesá das realizacións contemporáneas de Leone Leoni"Leoni, Leone". En Forrer, L. (1907). Vol. 3. Páxinas 398-411. para os Habsburgo. Serviron, por exemplo, de modelo a Rubens para as efixies dos soberanos. Así e todo, en comparación con Leoni, os reversos alegóricos de Dupré non igualan o seu refinamento nin a súa inventiva. Tamén activo en Italia, entre 1611 e 1613, realizou o que se considera o mellor retrato dun dux sobre medalla, o de Marcantonio Memmo (1612).

Un rival tanto de Pilon como de Dupré foi Nicolas Briot,"Briot, Nicolas". En Forrer, L. (1904). Vol. 1. Páxinas 285-294. gravador da Monnaie de Paris, quen, ademais de ser un hábil cuñador, ideou algúns procedementos para mellorar a produción da ceca. Foi protexido por Luís XIII (1610-1643), pero o seu temperamento turbulento  creoulle inimigos que, xunto cunha forte débeda, o obrigaron a fuxir a Londres, onde achou emprego con Carlos I (1625-1649).Pollard, G.; Mauro Mori, G. (1981). Páxina 27.

Século XVII miniatura|200x200px|Medalla de Luís XIV, por Jean Varin (1660). Jean Varin"Varin, Jean". En Forrer, L. (1916). Vol. 6. Páxina 361. traballou na Casa da Moeda de París e foi medallista do rei e de personalidades da corte francesa. A salientable medalla de Richelieu (1630) está executada coa técnica do baldeirado, pero Varin tamén destacou na técnica da cuñaxe, como é o caso doutra medalla de Richelieu, ou da medalla de Jules Mazarin. Pola contra, os seus reversos parecen máis ben convencionais. En 1633, realizou tamén unha fermosa medalla co retrato de Luís XIV (1643-1715), con motivo do inicio das obras do palacio do Louvre, para as que se lle encargase un proxecto a Gian Lorenzo Bernini. O arquitecto e escultor italiano viu a medalla e tachou o relevo de "demasiado vistoso", ao que Varin lle respondeu que iso se debía ao gusto de Jean-Baptiste Colbert.

Foi o propio Colbert, ministro de Finanzas do Rei Sol, quen tivo que deseñar a serie Histoire metallique, unha serie de medallas cuñadas coa historia do reino de Francia, cuxos temas, en forma e contido, foron discutidos na Academia fundada por el, a Académie des inscriptions et belles lettres, en 1663. O proxecto, que debería ter sido dirixido por Varin, ficou parado e non se retomou ata 1684, con modelos de cera proporcionados por Antoine Benoist. En 1693 viu a luz a primeira serie de medallas, pero nunca se executou unha segunda serie máis ampla. Os reversos tiñan tanto contido de xénero —como os exercicios militares dos cadetes— como alegórico —como no Mercurio—, e participaron numerosos artistas, tanto franceses (Jérôme Roussel, Thomas Bernard e Louis Chéron) como estranxeiros (R. Faltz e os irmáns Joseph e John Roettiers). O proxecto continuou baixo Luís XV (1715-1774).Pollard, G.; Mauro Mori, G. (1981). Páxina 28.

Outro medallista italiano activo na corte francesa a finais do século XVII foi Francesco Bertinetti"Bertinétti, Francesco". Trecanni. Enciclopedia on line (Treccani.it)..

Século XVIII miniatura|200x200px|Medalla conmemorativa do regreso de Luís XVI a París , por Por Pierre-Simon-Benjamin Duvivier (1789). Arquivos Nacionais, París. No século XVIII, tamén se multiplicaron as emisións de medallas para conmemorar acontecementos individuais, como o voo dos irmáns Montgolfier —por Nicolas-Marie Gatteaux—."Gatteaux, Nicolas-Marie". En Forrer, L. (1907). Vol. 2. Páxinas 209-213. Os retratos reais, como os de Luís XVI (1774-1792) ou María Antonieta polo medallista de corte Benjamin Duvivier,"Duvivier, Pierre Simon Benjamin". En Forrer, L. (1904). Vol. 1. Páxinas 685-689. presentan unha idealización máis grácil e unha maior atención ao carácter humano. No reverso da medalla do rei que conmemora o seu regreso ao Palacio das Tullerías (1789), realidade e alegoría fúndense para representaren ante todo o drama humano do soberano e a súa delicada emoción. Un realismo e unha vivacidade moderados aprécianse tamén na súa medalla para o Congreso dos Estados Unidos dedicada a George Washington, en cuxo reverso se representa a saída dos británicos de Boston en 1776. Benjamin Franklin tamén se fixo retratar por un medallista francés directamente en París, posando para Augustin Dupré,"Dupré, Augustin". En Forrer, L. (1904). Vol. 1. Páxinas 647-652. do que tamén era amigo persoal.Appleton, W. S. (1890). Augustin Dupré and his work for America: remarks made before the Massachusetts Historical Society, March 13, 1890. Cambridge. John Wilson. miniatura|211x211px|Medalla coas efixies de Napoleón e María Luísa, gravada por Bertrand Andrieu a partir dun deseño de Denon. O rival de Duvivier foi Nicolas-Marie Gatteaux, que en 1789 recibiu a encarga de celebrar a derrogación dos privilexios reais nunha medalla. Ambos entraron ao servizo de Napoleón logo da Restauración. O Emperador retomou a idea de continuar a Histoire metallique emitindo entre 1806 e 1814 unha serie de medallas en cuxa produción tamén participou Vivant Denon,"Denon, Dominique Vivant". En Forrer, L. (1904). Vol. 1. Páxinas 555-556.Delmas, C. (1999). "Denon directeur de la Monnaie de Médailles". En Dominique-Vivant Denon l’œil de Napoléon. RMN. ISBN 978-2711839582 director da Monnaie des médailles.

No entanto, quen cuñou o mellor retrato oficial de Napoleón foi Jean-Bertrand Andrieu,"Andrieu, Bertrand". En Forrer, L. (1904). Vol. 1. Páxinas 51-56. inspirándose no gusto neoclásico e no retrato helenístico. Os seus reversos, nos que as inscricións se reducen para deixar unha gran superficie lisa arredor das figuras, amosan temas alegóricos cun carácter deliberadamente frío e etéreo.Pollard, G.; Mauro Mori, G. (1981). Páxina 29.

Séculos XIX e XX No século XIX, a arte francesa desempeñou un papel destacado e tamén se produciron importantes innovacións no campo da medallística. David d'Angers,"David D'Angers, Pierre Jean". En Forrer, L. (1904). Vol. 1. Páxinas 522-535. nado na cidade da que tomou o nome artístico, achegou a vitalidade da escultura romántica aos retratos en medallas. A súa obra máis importante é a Galerie des contemporaines ("Galería dos contemporáneos"), onde fixou as efixies de importantes personalidades da súa época, entre elas o retrato de Goethe, tomado do natural en Weimar en 1830. Porén, a súa procura do inmediato na representación do rostro humano levouno por veces a resultados que parecen descoidados; outras veces, sobre todo nos retratos femininos, non ocultou certa adulación, como no caso da medalla de Madame Récamier. miniatura|200x200px|Granxeira no curral, medalla de exposición agrícola deseñada por Oscar Roty (1888).