Benjamin Franklin Peale (orixinalmente Aldrovand Peale), nado en Filadelfia o 15 de outubro de 1795 e finado na mesma cidade o 5 de maio de 1870, foi un funcionario estadounidense da Casa da Moeda de Filadelfia entre 1833 e 1854, período no que introduciu moitas innovacións.
Peale, fillo dun artista de Filadelfia, tivo na súa maior parte unha educación informal, aínda que asistiu a algunhas clases na Universidade de Pensilvania. Logo fíxose experto na fabricación de máquinas e en 1820 comezou a axudar ao seu pai no seu museo de curiosidades que posuía, e tomou a súa dirección logo do pasamento do pai en 1827.
En 1833 Peale ingresou na Ceca de Filadelfia e, logo dunha estadía en Europa para estudar as técnicas de cuñaxe e informar sobre elas, regresou aos Estados Unidos con plans de mellora e deseñou a primeira prensa de cuñaxe a vapor dos Estados Unidos, instalada en 1836. Ese mesmo ano foi nomeado fundidor e refinador da Casa da Moeda de Filadelfia, e dous anos máis tarde cuñador xefe. Aproveitando o seu posto, Peale comezou a dirixir un negocio privado de medallas utilizando as instalacións e os equipamentos da casa da moeda, o que, sumado ás malas relacións con outros funcionarios da institución, acabou por provocar o seu despedimento en 1854, acusado de mala conduta.
Logo do seu retiro, Peale continuou participando e dirixindo numerosas organizacións civís, ata a súa morte en 1870.
Primeiros anos e formación Benjamin Franklin Peale naceu o 15 de outubro de 1795 en Filadelfia, fillo do pintor Charles Willson Peale e da súa segunda esposa, Elizabeth de Peyster. Ademais de se dedicar á arte, Charles Peale dirixía un museo de curiosidades no Philosophical Hall de Filadelfia, sede da Sociedade Filosófica Americana. Peale naceu nas dependencias familiares do museo, e déuselle o nome de Aldrovand, na honra do naturalista italiano Ulisse Aldrovandi.Patterson III, R. (1870). Páxina 597.Sellers, C. C. (1980). Páxina 76. miniatura|279x279px|A nai de Franklin, Elizabeth de Peyster, pintada polo seu esposo (1798)."Portrait of Elizabeth DePeyster Peale (1765 - 1804)". Philadelphia Museum of Art (Philamuseum.org). O seu pai, Charles Willson, anotou os nacementos da súa familia nunha folla en branco dun exemplar do Dictionary of Painters de Matthew Pilkington, no canto de facelo nunha Biblia, e tras anotar "Aldrovand" engadiu o apuntamento "se lle gusta ese nome cando sexa maior de idade".Sellers, C. C. (1980). Páxinas 49, 88. Charles era membro da Sociedade Filosófica Americana, e en febreiro de 1796 levou o seu fillo pequeno a unha reunión, e pediulles aos membros que elixisen un nome alternativo para o cativo. Daquela, decidíronse por Benjamin Franklin, na honra do fundador da Sociedade, o polímata estadounidense Benjamin Franklin. Unha lenda sostida no seo da Sociedade di que o neno recibiu o nome mentres estaba sentado na cadeira do presidente da institución, que fora doada polo propio Franklin.Patterson III, R. (1870). Páxina 597-598.Smith, P. (2012). Smith, P. (1994). Páxina 1.137. miniatura|313x313px|O seu pai, Charles Willson Peale, nun autorretrato titulado The Artist in His Museum (1822)."The Artist in His Museum. Charles Willson Peale". Pennsylvania Academy of the Fine Arts (PAFA.org). Franklin Peale foi un dos dezaseis fillos que o seu pai tería coas súas tres esposas.Snow, R. (2009). Páxina 221. A nai, Elizabeth Peale, morreu cando Franklin tiña oito anos, mais o seu pai volveu casar de camiño, e a partir de entón o cativo quedou ao coidado da súa madrasta. Recibiu pouca educación regrada, aínda que pasou algún tempo nunha escola local do veciño condado de Bucks, así como na Germantown Academy e na Universidade de Pensilvania. Na súa maior parte, a súa educación foi informal, como era habitual na familia Peale, e o alumno dispuña dos medios para estudar o que lle interesaba ou no que parecía destacar. No caso de Franklin Peale, de cativo fabricaba xoguetes e inspeccionaba a granxa do seu pai preto de Germantown.Patterson III, R. (1870). Páxina 598. Malia carecer do talento artístico dalgúns dos seus irmáns, como Titian Peale, demostrou, pola contra, ter inclinacións cara á mecánica.
Inicios profesionais e matrimonio Aos 17 anos, Peale comezou a traballar para a fábrica de algodón de Delaware de William Young, no río Brandywine, onde se formou na fabricación de máquinas. Era un bo estudante e converteuse nun experto torneiro, fundidor e debuxante.Patterson III, R. (1870). Páxina 599. O seu pai toleraba o seu desexo de se dedicar á mecánica, aínda que o consideraba un capricho absurdo. Ao cabo dun ano, un dos irmáns Hodgson, que rexentaba un taller mecánico próximo, describiu a Peale como moi hábil coas ferramentas.Ferguson, E. S. (1965-b-). Páxina 70.
Aos 19 anos, Peale regresou a Germantown, onde, tras deseñar e supervisar a instalación da maquinaria dunha fábrica de algodón da localidade, foi posto á fronte desta e continuou dirixíndoa durante varios anos. Despois trasladouse á veciña Filadelfia, e traballou para a empresa John & Coleman Sellers,Coleman Sellers estaba casado coa medio irmá de Peale, Sophonisba. que fabricaba maquinaria para pegar naipes.
O 24 de abril de 1815, Peale, aínda menor de idade aos seus 19 anos, casou con Eliza Greatrake sen o consentimento paterno, e case de inmediato se fixo evidente que ela padecía problemas mentais. O matrimonio tivo unha filla, Anna, durante o primeiro ano, mais despois Eliza abandonou a Franklin e volveu a vivir coa súa nai, ata que esta a internou no Hospital de Pensilvania, considerada daquela como "lunática". A familia Peale iniciou entón un longo esforzo para demostrar que Eliza non estaba corda cando casou con Franklin, o que supuña un motivo de anulación. Coa axuda da testemuña do capitán Allen McLane conseguírono, e a anulación foi concedida o 22 de marzo de 1820.Edson, E. M. (2001). Páxina 383. Franklin Peale tivo que depositar bens como garantía da manutención da súa exesposa; a súa irmá Sophy prestoulle parte das súas accións no museo familiar con ese fin.Sellers, C. C. (1980). Páxina 270. Anos máis tarde, en 1839, Peale casaría con Caroline Girard Haslam, viúva e sobriña do adiñeirado Stephen Girard; este matrimonio, que non xerou nova descendencia, durou ata a morte de Peale.Patterson III, R. (1870). Páxina 604.
En 1820, Peale deixou o seu posto na fábrica para axudar ao seu pai, xa ancián, na xestión do museo, e permaneceu alí durante máis dunha década. Cando Charles Willson Peale morreu en 1827, Franklin converteuse no director do museo e, do mesmo xeito que os seus irmáns, herdou unha parte das súas accións. Non só mantivo as exposicións, senón que as ampliou, contribuíndo cun xoguete parlante, así como co modelo dunha primitiva locomotora, que se utilizou para arrastrar dous pequenos vagóns no museo, con capacidade para catro persoas.Whitehead, J. L. (1951). Páxina 197.Sellers, C. C. (1980). Páxina 256. Naquela época, o museo estaba situado na coñecida como Casa do Estado —posteriormente Independence Hall —, e Peale elaborou un sistema para utilizar a campá do edificio para informar as compañías de bombeiros da localización dun incendio.Ferguson, E. S. (1965-b-). Páxina 4.
Peale foi un dos fundadores do Instituto Franklin en 1824, un dos institutos mecánicos que xurdiron a principios da década de 1820 para proporcionar educación técnica aos traballadores. Axiña adquiriu importancia e influencia, e organizou unha exposición de produtos manufacturados estadounidenses en outubro, unha das polo menos 26 exposicións deste tipo que desenvolveu nos seus primeiros 34 anos de existencia.Ferguson, E. S. (1965-a-). Páxina 34. Peale ensinaba historia natural,Frazer, P. (1908). Páxina 259. mecánica —ilustrando as súas conferencias con modelos e debuxos— e química, e amenizaba as charlas con experimentos. Durante moitos anos colaborou tamén co Instituto Franklin escribindo artigos para a súa revista e formando parte de importantes comités.Patterson III, R. (1870). Páxina 600.
Etapa na Casa da Moeda de Filadelfia
Contratación e viaxe a Europa miniatura|340x340px|A segunda sede da Casa da Moeda de Filadelfia, construída en 1833 (fotografía de 1902). O segundo edificio que albergou a Casa da Moeda de Filadelfia inaugurouse en 1833, con tecnoloxía actualizada excepto no proceso de cuñaxe,Lange, D. W. (2006). Páxina 43. no que utilizaba maquinaria que procedente a anterior sede, empregando a forza muscular humana para cuñar as moedas.Taxay, D. (1983) . Páxina 150. Aínda que a casa da moeda desexaba que todas as moedas de cada tipo resultasen idénticas, o uso da prensa de volante supuña un impedimento para iso, xa que a forza empregada para imprimir o deseño nas moedas non era uniforme. Ademais, os cuños de produción facíanse á man,Burdette, R. (2013-a-). Páxinas 9-10. o que provocaba diferenzas entre as moedas do mesmo ano cuñadas con cuños diferentes. Este estado de cousas non satisfacía o director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Samuel Moore, que desde había xa varios anos considerara a posibilidade de adquirir un moderno conxunto de maquinaria de vapor para a produción de moedas á Soho Mint de Birmingham, Inglaterra, unha compañía fundada polo pioneiro da cuñaxe Matthew Boulton. Porén, no canto diso, Moore decidiu contratar un novo empregado e envialo a unha xira especial polas fábricas de moeda e refinarías europeas, co fin de que aprendese as mellores características de cada unha e levase os coñecementos a Filadelfia para os utilizar nas instalacións da casa da moeda. Esta persoa recibiría o posto de axudante do ensaiador, Jacob R. Eckfeldt. Moore acadou a aprobación do secretario do Tesouro, Louis McLane, e unha asignación de 7.000 dólares para tal fin.
Nunha carta a McLane, Moore comentaba as dificultades de achar unha persoa o bastante competente para emprender a viaxe con éxito e que non estivese demasiado ocupada como para pasar un ano ou máis en Europa.Whitehead, J. L. (1951). Páxina 199. Por recomendación do curmán do director, Robert M. Patterson, Moore contratou a Peale para o posto. En palabras de Patterson: "non coñezo ningún home con máis probabilidades de éxito nunha misión así; a súa destreza, a súa perseveranza e a súa dirección facíano idóneo para a misión".Nepomucene, Sister St. John (1955). Páxina 156. Peale estaba disposto a ir, e escribiu: "diversas circunstancias fanme desexar deixar o posto que ocupei durante moitos anos como director do Museo de Filadelfia, polo que será agradable cambiar, mesmo cun sacrificio económico".
Peale partiu de Nova York cara a Le Havre o 8 de maio de 1833 e chegou a París a finais de mes. Naquel momento, só se sabía con certeza que Peale visitaría París; aínda se estaba considerar a posibilidade de visitar tamén Inglaterra, para se instruír nas fábricas de moeda e refinarías locais. Peale recibira instrucións para aprender a separar o ouro da prata.Whitehead, J. L. (1951). Páxinas 200-201. Este proceso, chamado refinación, é necesario porque as pebidas que conteñen ouro tamén conteñen algo de prata, e cómpre eliminar este último metal antes de que se poida aliar o ouro co cobre para o cuñar.Burdette, R. (2013-a-). Páxina 23. O método máis antigo para eliminar a prata implicaba o uso de ácidos nítrico e sulfúrico, o que resultaba perigoso e caro. O director Moore tamén lle deu instrucións a Peale para que aprendese o método de ensaiar a prata mediante o "proceso húmido" (valoración química ou titulación), e para que aprendese todo o que puidese sobre a tecnoloxía de cuñaxe e o seu funcionamento con vapor. Moore advertiu:Nepomucene, Sister St. John (1955). Páxina 157.
Ademais, Moore pediulle a Peale que, se lle quedaba tempo, estudase outras tecnoloxías que puidesen resultar útiles para os Estados Unidos, como o alumamento por gas das cidades.Burdette, R. (2013-a-). Páxina 10.