O cruceiro do Adro de Taragoña é un monumento relixioso situado a carón da igrexa de San Salvador de Taragoña (Rianxo).
Descrición O cruceiro, situado no adro, posúe un altar. Ten plataforma dun grao e pedestal moi moldurado e con grande escocia. O fuste é de sección octogonal, cadrada nos extremos. O capitel, de formigón moi decorado, ten volutas, follas de acanto, querubíns e orlas vexetais. A cruz, tamén de formigón, ó igual cás imaxes, de sección cuadrangular ruda. O Cristo ten as mans abertas e coroa de espiños. A Virxe María está orando cos dedos entrelazados sobre nubes.
Notas
Véxase tamén Bibliografía PXOM de Rianxo 2014.
Categoría:Cruceiros de Rianxo Categoría:Rianxo sen imaxes