Mercedes Paula Alvarellos Fondo, coñecida como Paula Alvarellos, nada en Ponteceso o 21 de febreiro de 1963 e finada na Coruña o 1 de marzo de 2025, foi unha avogada e política galega.

Traxectoria Licenciada en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e Mestrado en Tributación e Asesoría Fiscal polo Centro de Estudos Financeiros. Foi profesora no Mestrado da Avogacía da USC en Lugo, profesora-colaboradora en IFFE business school, avogada para Lugo de ACOUGA, membro do Consello Social da USC, ademais de exercer de avogada e de mediadora en Lugo. Tamén traballou na inserción de expresos coa asociación Concepción Arenal.

Nas eleccións municipais de 2019 foi escollida concelleira polo PSOE, e formou parte do goberno de Lara Méndez como tenenta de alcaldesa delegada da Economía e Recursos Humanos, e Sostibilidade Urbana e Recursos Internos.

O 18 de xaneiro de 2024 foi nomeada alcaldesa de Lugo despois da dimisión de Lara Méndez para presentarse ás eleccións ao Parlamento de Galicia.

O 28 de febreiro de 2025, durante o pregón das festas do Antroido, deulle un infarto. Alvarellos atopábase estable no momento da primeira intervención no Hospital Universitario Lucus Augusti. Con todo, o seu estado complicouse durante as horas posteriores, o que motivou o seu traslado urxente ao hospital da Coruña, especializado en procedementos cardiovasculares complexos. A pesar dos esforzos médicos, a alcaldesa non superou o episodio cardíaco e finou ás poucas horas.

Vida privada Casou en Lugo cun arquitecto da cidade. É curmá do poeta bergantiñán Miguel Anxo Mato Fondo.

Notas

Categoría:Nados en Ponteceso Categoría:Nados en 1963 Categoría:Finados en 2025

Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia

Categoría:Alcaldes de Lugo

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Políticos do PSdeG-PSOE Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes