Ricardo Mejide Roldán, nado en Barcelona o 29 de novembro de 1974, máis coñecido como Risto Mejide, é un presentador de televisión, escritor e publicista español.

Deuse a coñecer por ser xurado no concurso Operación Triunfo entre 2006 e 2009, principalmente polas súas polémicas valoracións dos concursantes.«Si dices algo y no molestas a alguien es que no has dicho nada». La Vanguardia. Presentou Todo es mentira e Chester na canle Cuatro e forma parte do xurado de Got Talent España en Telecinco.

Traxectoria Estudou en Viaró Global School e licenciouse en dirección de empresas pola ESADE. Exerceu como docente durante algúns anos e foi director de varias axencias de publicidade. Nese eido traballou con empresas como Bassat Ogilvy & Mather, Saatchi & Saatchi, Euro RSCG e S.C.P.F. e con artistas como Britney Spears, U2, Radiohead e Lou Reed.«Una lengua afilada y sin escrúpulos». Telecinco.

Premios 2023, Premio Antena de Oro: Premio á súa traxectoria en televisión, en programas como Todo es Mentira.

Notas

Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Operación Triunfo Categoría:Presentadores de televisión de España Categoría:Publicistas Categoría:Españois de ascendencia galega