María del Mar López Sotelo, nada en Monforte de Lemos o 31 de maio de 1961, é unha escritora, investigadora, comisaria de exposicións e fotógrafa galega.

Traxectoria É Diplomada en Educación Social pola UNED, Máster de Doutoramento en Tratamento Educativo da Diversidade pola UNED e Posgrao Teoría e Práctica para profesores de Formación e Orientación Laboral (FOL) pola Universidade das Palmas de Gran Canaria.

Foi Educadora Social nas Palmas de Gran Canaria e en 2024 tamén xestora Cultural da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pantón. Ten participado en cursos e palestras sobre educación e diversidade. É Directora da Área de Historia e Antropoloxía no Instituto Europeo Campus Stellae de Santiago desde 2021.

É Directora do programa cultural “Charlas con Mar” de Radio Monforte, colaboradora de EnComún, do Xornal de Lemos, da revista Aturuxo (Casa Galicia das Palmas de Gran Canaria) e da revista Anduriña (Lar Gallego de Sevilla).

É a creadora do termo "Esgrafiado Estilo Galego", investigadora, estudosa e fotógrafa dos Esgrafiados (decoración das fachadas con deseños feitos a base de cal) na Ribeira Sacra e no Camiño de Santiago. Traballou para a inclusión dos termos "Esgrafiado" e "Esgrafiar" no DIGALEGO e o recoñecemento como "arte propia" pola Real Academia Galega de Belas Artes. Leva fotografados preto de mil esgrafiados. É comisaria de exposicións e ten unha fixa no Museo Etnográfico Liste de Vigo desde 2017.

En 2024 colaborou activamente na Primeira Xornada Antropolóxica do Esgrafiado Galego no CIMAR do Xeoparque Montañas do Courel Unesco.

Obra

Esgrafiados en la Ribeira Sacra y el Camino de Santiago. Obras de Arte y Simbolismo en las Paredes (2021). Lugo: Agrasar Editores. ISBN 9788494717864. Introdución de Rafael Ruiz Alonso relacionando co Esgrafiado Segoviano. Esgrafiado Galego. Un Museo ao Aire Libre (2023). Pontevedra: Teófilo Edicións. ISBN 978-84-126077-5-8. Coa colaboración da Xunta de Galicia. Edición en galego, castelán e inglés. Prólogo de Román Rodríguez, Manuel Quintana Martelo e Manuel González.

Libros colectivos

Sampil Sánchez, E. at Col. (2022) "Circulando polo Saviñao IV. En busca de esgrafiados por o Saviñao" pp 225-238. Lugo: Colectivo Egeria. ISBN 978-84-09-44388-8. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Canle de YouTube de Mar López Blog da Ribeira Sacra Charlas con Mar, Radio Monforte

Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Educación especial