Antonia Vila Soneira, nada en Santiago de Compostela o 11 de outubro de 1815 e finada en Pontevedra o 29 de xaneiro de 1870, foi unha impresora e editora galega.
Traxectoria Filla de Manuel María de Vila e de María de Concepción Soneira Basanta, unha familia de impresores. A súa nai morreu aos poucos anos e o seu pai encargouse da súa educación. Casou con Juan Verea o 20 de abril de 1833, e o seu pai incorporouno ao obradoiro familiar. Por causa da enfermidade do pai, en 1843 Antonia trasladouse a Pontevedra coa familia, onde se instalara o pai para imprimir o Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra. Utilizou o seu nome de pía como pé tipográfico. O seu pai moreu o 10 de agosto de 1845 e a imprenta pasou a denominarse Imprenta de los hijos de D. Manuel María de Vila. En 1846 as publicaciones aparecen coa tipografía de Hijos de Vila. Imprimían o periódico La Distracción. En 1854 morreu o seu home e Antonia fíxose cargo en solitario do negocio que cambiou a súa denominación a Viuda de Verea Varela ata 1864. Nese ano alquilou a imprenta a J. Buceta, Solla y Compañía que a renovaron e crearon a Imprenta del Siglo, baixo a dirección de Antonio Tíscar, que funcionou entre 1865 e 1872. En 1874 un seu fillo asociouse con Rogelio Quintans formando a imprenta Verea y Quintans.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Mª Xesús López Escudeiro. "Antonia Vila" dogrisaovioleta.gal
Categoría:Editores de Galicia
Categoría:Nados en Santiago de Compostela
Categoría:Nados en 1815
Categoría:Finados en 1870