miniatura|A bixina é un exemplo de apocarotenoide. Un apocarotenoide é un composto químico que difire dun carotenoide na perda dun fragmento nun dos extremos da súa cadea carbonada. Os apocarotenoides orixínanse da oxidación dos carotenoides realizada por unha familia de encimas dioxixenases chamados CCD (do inglés Carotenoid Cleavage Dioxigenase, 'dioxixenase para o corte dos carotenoides'). Igual que os carotenoides, algúns deles son pigmentos (a bixina é ademais utilizada como colorante alimentario) ou compostos aromáticos como a beta-ionona. Os retinoides (como a vitamina A) poden considerase unha clase de apocarotenoides, pero ás veces se clasifican como un grupo especial. Outros apocarotenoides poden igualmente ter un efecto biolóxico nos mamíferos.

Os apocarotenoides xogan tamén un papel importante nas plantas como moléculas sinalizadoras que regulan o desenvolvemento da planta e a súa sinalización na resposta ao estrés (por exemplo: as fitohormonas como o ácido abscísico e as estrigolactonas). Algúns destes apocarotenoides que participan na sinalización nas plantas están aínda por descubrir.

Notas

Categoría:Carotenoides