A apertura Bongcloud, tamén chamada ataque Bongcloud, ou simplemente Bongcloud é unha apertura de xadrez irregular. Popularizada polo gran mestre (GM) estadounidense Hikaru Nakamura.

É considerada unha apertura irónica e sen sentido asociada á cultura do meme. Naceu no contexto da retransmisión de xadrez por redes sociais, Twitch e TikTok, aínda que xa se ten empregado en competicións profesionais desde entón. O ataque Bongcloud pode ter unha vantaxe psicolóxica ou de desconcerto, ao desprezar o adversario perdendo a apertura, mais como estilo competitivo de xadrez é desaconsellábel.

Acontece despois das seguintes xogadas (en notación alxébrica):

1. e4 - e5 2. Re2? Comentarios das primeiras xogadas:

A apertura non é aconsellábel xa que contravén os principios clásicos das aperturas de xadrez. 1. Sitúa o rei na peor casa posible (no centro do taboleiro e sen posibilidade de enrocar). 2. Impide o avance do bispo e da dama. E parcialmente a dos cabalos aínda que en menor medida. 2. Os módulos puntúan a Bongcloud cun -1.76, isto quere dicir que unha máquina tipo Stockfish non perdería con negras, xa que é un equivalente numérico a agasallar ao teu contrincante con 2 peóns.

Significado do nome A apertura do bongcloud deriva o seu nome do bong (un dispositivo utilizado para facilitar o consumo de cánnabis) e a palabra cloud ("nube" en inglés), o que implica que a apertura é unha consecuencia do pensamento nubro característico de alguén baixo a influencia do cánnabis.

Uso en competición O 15 de marzo de 2021, Magnus Carlsen, xogando con brancas, empregouna nunha partida contra Nakamura no Magnus Carlsen Invitational, torneo patrocinado por Mark Zuckerberg. Nakamura respondeu con Re7, o que levou a unha posición coñecida informalmente como «doble bongcloud». A partida acabou en táboas por tripla repetición despois de que os xogadores repetisen inmediatamente os movementos. A partida produciuse na última rolda da fase preliminar do torneo, cando ambos os xogadores xa se clasificaran para a seguinte fase.

O gran mestre Hikaru Nakamura ten recurrido ao Bongcloud en partidas blitz en liña. En 2018, Nakamura xogou o Bongcloud tres veces contra o GM Levon Aronian durante o Speed ​​Chess Championship de Chess.com, gañando unha das tres partidas e perdendo as outras dúas. Nakamura tamén xogou o Bongcloud contra o GM Vladimir Dobrov e o GM Wesley So durante o Speed ​​Chess Championship de 2019, gañando ambas as partidas. O 19 de setembro de 2020 Nakamura usou a apertura contra o GM Jeffery Xiong, alumno de Garri Kaspárov dentro do programa de aprendizaxe Young Stars, na rolda final do torneo en liña St. Louis Rapid and Blitz e gañou a partida.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Incríbel! Nakamura gaña con 2.Re2 ao discípulo de Kasparov +2700 ELO

Categoría:Aperturas de xadrez