Tito Quincio Flaminino (en latín, T. Quinctius T. f. T. n. Flamininus)Gundel, H. G. (1963). «Quinctius (47)», RE vol. XXIV. foi un político e militar da República Romana. Era da familia dos Flaminino, unha póla da gens Quíncia, e era fillo de Tito Quincio Flaminino.

Traxectoria

Carreira política Foi cónsul no ano 123 a. C. xunto con Quinto Cecilio Metelo Baleárico.Broughton (1951), p. 512 Cicerón, que o vira e oíra durante a súa mocidade, dixo que Quincio era analfabeto, pero falaba un latín de grande elegancia.

No seu consulado fundouse a colonia de Cartago aínda que Tito Livio e Plutarco sitúan a restauración desa cidade no ano seguinte, é dicir, no segundo tribunado de Caio Graco.Cicerón. Bruto 28, 74, pro Dom. 53Smith (1846), p. 165

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Lista de cónsules romanos na República

Categoría:Cónsules da República romana Categoría:Gens Quincia