Wu Mingqian (chinés simplificado: 吴敏茜; pinyin: Wú Mǐnqiàn), nada o 8 de xaneiro de 1961 en Hangzhou, é unha xadrecista chinesa. Posúe o título de Gran Mestra Feminina da FIDE dende o 1985.

Traxectoria No ano 1985, obtivo o segundo posto no Torneo Feminino Interzonal de Zeleznovodsk, cunha puntuación final de 10½/15. En consecuencia, clasificouse para o Torneo de Candidatas Femininas do 1986, celebrado en Malmö, onde quedou de oitava, cun 3/7. O vindeiro ano, Wu logrou o duodécimo posto no Torneo Interzonal de Smederevska Palanka, cun 5½/15.

Wu competiu no equipo nacional chinés de xadrez feminino en catro ocasións (1980-1986), cun total de 54 partidas (21 vitorias, 20 táboas, 13 derrotas). O seu ELO actual é de 2175 puntos, mais a súa última partida foi no ano 2001; o seu ELO máximo foi de 2215 (xaneiro de 1987).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Wu Mingqian (FIDE) Wu Mingqian (Chessgames.com) Wu Mingqian (365chess.com) Wu Mingqian (OlimpBase.org)

Categoría:Nados en 1961 Categoría:Xadrecistas da China