Tang Fei (chinés simplificado: 糖匪; pinyin: Tán Fěi), nada en Shanghai no 1983, é o pseudónimo da fotógrafa e escritora de ciencia ficción chinesa Wang Jing.

Traxectoria A obra literaria de Tang Fei foi publicada en numerosas revistas chinesas do xénero como Science Fiction World, Jiuzhou Fantasy e Fantasy Old and New. Autora de fantasía, ciencia ficción, contos de fadas e wuxia (fantasía sobre artes marciais) acostuma a intepolar xéneros dentro do mesmo libro. Tamén é crítica de libros de ciencia ficción, as súas recensións aparecen en The Economic Observer.

A súa ficción foi traducida en revitas como Clarkesworld, Pathlight, Apex e SO Mag. Na antoloxía en español Planetas Invisibles pódese atopar un dos seus contos traducidos.

Nunha entrevista concedida a Clarkesworld en 2015 fala da seguinte maneira sobre a súa obra:https://clarkesworldmagazine.com/tang_interview/

Obra

黄色 故事 -, traducido ao inglés como Call Girl (2013) 蒲蒲 traducido ao inglés como Pepe (2014) 宇宙哀歌, traducido ao inglés como A Universal Elegy (2015) 自由 之 路 , traducido ao inglés como The Path to Freedom (2016) 碎星星 - traducido ao inglés como Broken Star, e ao español, publicado na antoloxía homónima, Estrellas Rotas (2016) 看见鲸鱼座的人, traducido ao inglés como The Person Who Saw Cetus (2017) 熊貓飼養員, traducido ao inglés como Panda Breeder (2019)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

糖匪 (La literatura china traducida en España)

Categoría:Escritores da China Categoría:Escritores de ficción científica Categoría:Nados en 1983 Categoría:Personalidades sen imaxes