O som (en uzbeko escrito en cirílico сўм, e en alfabeto latino, so‘m), é a moeda oficial de Uzbekistán. Divídese en 100 tiyin e o seu código ISO 4217 é UZS.

Etimoloxía

Na antiga Unión Soviética, os habitantes das Repúblicas Socialistas Soviéticas de Kazakhstán, Kirguizistán e Uzbekistán chamábanlle ao rublo soviético som. De feito, así é como aparecía escrito nos billetes soviéticos entre as demais linguas oficiais da URSS.

A palabra "som", ás veces transliterada como sum ou soum, en kirguiz, uigur e uzbeko, así como en moitas outras linguas túrquicas, significa "puro", facendo referencia ao ouro ou á prata.

Primeiro som

Como en moitas das antigas repúblicas soviéticas, Uzbekistán continuou empregando o rublo soviético e o rublo ruso tras a súa independencia en 1991. O 26 de xullo de 1993 Rusia emitiu un novo rublo para substituír o rublo soviético. Algunhas repúblicas independizadas xa tiñan as súas propias moedas antes desta reforma monetaria, mais outros países continuaron utilizando os rublos soviéticos e rusos, como é o caso de Uzbekistán.

O 15 de novembro de 1993 Uzbekistán estreou o seu som para substituílo polo rublo. Non se acuñaron moedas, e os billetes impresos ían desde 1 a 10.000 som. Debido a que se trataba dunha moeda transitoria, os deseños dos billetes eran moi sinxelos. Todos tiñan o escudo de armas uzbeko no anverso, e motivos da arquitectura islámica no reverso. A única diferenza entre unha denominación e outra era a cor do billete.

Billetes

+ Denominación Cor predominante Imaxe do anverso Imaxe do reverso 1 Som Azul100px100px 3 Som Verde100px100px 5 Som Violeta100px100px 10 Som Rosa100px100px 25 Som Azul/Verde100px100px 50 Som Rosa100px100px 100 Som Marrón100px100px 200 Som Violeta100px100px 500 Som Vermello100px100px 1.000 Som Marrón100px100px 5.000 Som Azul100px100px 10.000 Som Vermello100px100px

Segundo som

O 1 de xullo de 1994 introduciuse un novo som cunha taxa de cambio de 1.000 som antigos = 1 UZS. Este som está dividido en 100 tiyin, e no momento da súa aparición, fixou a súa taxa de cambio a 25 som por dólar.

Moedas

Acuñáronse dúas series de moedas que se distinguen facilmente unha da outra, xa que a primeira tiña as súas lendas escritas en cirílico e a segunda en alfabeto latino.

+Primeira serie Denominación Emisión Metal Diámetro(mm) Peso(g) Anverso Reverso Imaxe1 Tiyin1994 Cu+Ni+Zn17,001,70Escudo de armas - ЎЗБЕКИСТОН РЕСПУБЛИКАСИ1 ТИЙИН - Ramas de algodoeiro - ano de acuñación 100px3 Tiyin1994 Cu+Ni+Zn20,002,70Escudo de armas - ЎЗБЕКИСТОН РЕСПУБЛИКАСИ3 ТИЙИН - Ramas de algodoeiro - ano de acuñación100px5 Tiyin1994 Cu+Ni+Zn21,503,40Escudo de armas - ЎЗБЕКИСТОН РЕСПУБЛИКАСИ5 ТИЙИН - Ramas de algodoeiro - ano de acuñación100px10 Tiyin1994 Cu+Ni18,802,90Escudo de armas - ЎЗБЕКИСТОН РЕСПУБЛИКАСИ10 ТИЙИН - Ramas de algodoeiro - ano de acuñación100px20 Tiyin1994 Cu+Ni22,003,90Escudo de armas - ЎЗБЕКИСТОН РЕСПУБЛИКАСИ20 ТИЙИН - Ramas de algodoeiro - ano de acuñación100px50 Tiyin1994 Cu+Ni24,004,90Escudo de armas - ЎЗБЕКИСТОН РЕСПУБЛИКАСИ50 ТИЙИН - Ramas de algodoeiro - ano de acuñación100px1 Som1997 Cu+Ni19,802,72Escudo de armas - ЎЗБЕКИСТОН РЕСПУБЛИКАСИ1 СЎМ - Ramas de algodoeiro - ano de acuñación100px5 Som1997 Cu+Ni22,203,94Escudo de armas - ЎЗБЕКИСТОН РЕСПУБЛИКАСИ5 СЎМ - Ramas de algodoeiro - ano de acuñación100px10 Som1997 Cu+Ni24,104,80Escudo de armas - ЎЗБЕКИСТОН РЕСПУБЛИКАСИ10 СЎМ - Ramas de algodoeiro - ano de acuñación100px

+Segunda serie Denominación Emisión Metal Diámetro(mm) Peso(g) Anverso Reverso Imaxe1 Som2000 Cu+Ni18,802,90Escudo de armas - O‘ZBEKISTON MARKAZIY BANKI - ano de acuñación1 SO‘M - Mapa de Uzbekistán100px5 Som2000 Cu+Ni+Zn21,303,50Escudo de armas - O‘ZBEKISTON MARKAZIY BANKI - ano de acuñación5 SO‘M - Mapa de Uzbekistán100px10 Som2001 Al19,902,75Escudo de armas - O‘ZBEKISTON MARKAZIY BANKI - ano de acuñación10 SO‘M - Mapa de Uzbekistán100px25 Som1999 Cu+Ni27,206,10Escudo de armas - O‘ZBEKISTON RESPUBLIKASI - ano de acuñación25 SO‘M - Jalal ad-Din Mingburnu - JALOLIDDIN MANGUBERDI - 800 yil100px50 Som2001 Cu+Ni26,407,45Escudo de armas - O‘ZBEKISTON MARKAZIY BANKI - ano de acuñación50 SO‘M - Mapa de Uzbekistán - O‘ZBEKISTON RESPUBLIKASI - MUSTAQILLIGINING · 10 YILLIGI100px50 Som2002 Cu+Ni26,407,90Escudo de armas - O‘ZBEKISTON MARKAZIY BANKI - ano de acuñación50 SO‘M - Monumento a Tamerlán - Palacio de Ak-Saray en Shakhrisyabz - SHARISABZ SHAHRINING 2700 YILLINGI100px100 Som2004 Cu+Ni27,008,20Escudo de armas - O‘ZBEKISTON MARKAZIY BANKI - ano de acuñación100 SO‘M - Mapa de Uzbekistán - Sol - 10 YIL - O‘ZBEKISTON MILLIY VALYUTASIGA100px100 Som2004 Cu+Ni27,008,20Escudo de armas - O‘ZBEKISTON MARKAZIY BANKI - ano de acuñación100 SO‘M - O‘ZBEKISTON MILLIY VALYUTASIGA - TOSHKENT SHAHRINING 2200 YILLIGI100px100 Som1997 Cu+Ni27,008,20Escudo de armas - O‘ZBEKISTON MARKAZIY BANKI - ano de acuñación100 SO‘M - O‘ZBEKISTON MILLIY VALYUTASIGA - Estatua da Nai que chora na Praza da Independencia - TOSHKENT SHAHRINING 2200 YILLIGI100px

En maio de 2018 anunciouse a aparición dun novo cono monetario en denominacións de 50, 100, 200 e 500 som. Ao mesmo tempo, informábase que todas as moedas e billetes emitidos previamente con eses valores e inferiores, serían desmonetizados en xullo de 2020.

Third series (2018) Imaxe Valor Parámetros técnicos Descrición Data de Diámetro Peso Composición Canto Anverso Reverso Primeira emisión Data Estado 120px 50 soʻm 18.0 mm 2.0g Aceiro revestido en níquel Liso Denominación Emblema nacional de Uzbekistán - ano de emisión 2018 2 de xullo de 2018 Vixente 120px 100 soʻm 20.0 mm 2.5 g Monunento á Independencia e a Bondade, Tashkent 120px 200 soʻm 22.0 mm 3.3 g Detalle dun mosaico de tigre da madrasa Sher-Dor en Reguistán, Samarcanda 120px 500 soʻm 24.0 mm 3.9 g Palacio de Convencións (Anjumanlar Saroyi) en Tashkent

Billetes

Os billetes de 1, 3, 5, 10, 25, 50, 100, 500, 1000, 5000 e 10000 som empezáronse a producir en 1994. En 1997 introduciuse o billete de 200 som. O billete de 500 som introduciuse en 1999 e logoo Banco Central de Uzbekistán emitiu o billete de 1.000 som en 2001. O billete de 5000 som introduciuse en 2013 e, despois o Banco Central de Uzbekistán emitiu os billetes de 10.000 e 50.000 som en 2017. O 28 de febreiro de 2019 foi agregada á familia de billetes a denominación de 100.000 som. En 2022 entraban en circulación novos billetes, que incluía billetes de 2.000, 20.000 e 200.000, todos con alfabeto latino

+ Denominación Cor predominante Imaxe do anverso Imaxe do reverso 1 Som Verde/Rosa100px100px 3 Som Vermello/Verde100px100px 5 Som Azul/Vermello100px100px 10 Som Violeta/Azul100px100px 25 Som Azul/Violeta100px100px 50 Som Laranxa/Marrón100px100px 100 Som Violeta100px100px 200 Som Verde100px100px 500 Som Vermello/Verde100px100px 1.000 Som Marrón/Violeta100px100px 5.000 Som Verde100px100px 10.000 Som Azul100px100px 50.000 Som Violeta100px100px 100.000 Som Laranxa100px100px

{| class="wikitable" |+ |- style="text-align:center; border-bottom:2px solid gray;" bgcolor="lightsteelblue" ! Denominación ! Cor predominante ! Imaxe do anverso ! Imaxe do reverso |- | 2.000 som | Vermello | align="left |100px | align="left |100px |- | 5.000 som | Verde | align="left"' |100px | align="left"' |100px |- | 10.000 som | Azul claro | align="left" |100px | align="left" |100px |- | 20.000 som | Azul escuro | align="left" |100px | align="left" |100px |- | 50.000 som | Violeta | align="left" |100px | align="left" |100px |- | 100.000 som | Laranxa | align="left" |100px | align="left" |100px |- | 200.000 som | Terracota | align="left" |100px | align="left" |100px

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Krause, C. L.; Mishler, C. (2008). Standard Catalog of World Coins: (1901-2008). Krause Publications. ISBN 978-0-89689-713-7. Pick, A. (2009). Standard Catalog of World Paper Money, Modern Issues, 1961-Present. Colin R. Bruce e Neil Shafer (eds.). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9. Ligazóns externas Moedas de Uzbekistán

Categoría:Moedas de Asia Categoría:Uzbekistán