2.000 pesetas de 2001"2000 Pesetas - Juan Carlos I Last issue of the peseta". Numista.com312x312pxA/: Cabezas espidas acaroadas de Xoán Carlos I e Sofía cara á esquerda. Data. Lenda: JUAN CARLOS I Y SOFIAR/: Alegoría feminina de Hispania prostrada nos Pireneos, con póla de oliveira na man e coroa mural. Marca de ceca (M). LENDA: ULTIMA EMISION DE LA PESETA / ESPAÑA / 2000 PTAS. Valor: 2.000 pesetas. Data de emisión: 2001. Período: Xoán Carlos I. Ceca: FNMT - Real Casa de la Moneda. Gravador: Alfonso Morales Muñoz (A/) e Luis Marchionni Hombrón (R/). Tiraxe: 1.942.835 exemplares. Aliaxe: prata (925 ‰). Diámetro: 33 mm. Grosor: 2 mm. Peso: 18,00 g. Canto: liso.
A moeda de 2.000 pesetas de 2001 é unha moeda española de prata dese valor facial emitida pola FNMT para conmemorar a derradeira cuñaxe en pesetas como unidade monetaria oficial do Estado.
Trátase da oitava e derradeira emisión da serie de moedas circulantes de 2.000 pesetas de prata, iniciada en 1994.
Marco lexislativo Mediante unha Orde do 22 de marzo de 2001, publicada no Boletín Oficial do Estado do 27 de marzo, acordouse a emisión, a cuñaxe e a posta en circulación dunha moeda de 2.000 pesetas de prata con data de 2001, conmemorativa da derradeira emisión da peseta."Orde do 22 de marzo de 2001". BOE Nº 74, 27 de marzo de 2001. Páxinas 11.308-11.309.
Conforme establecía a Orde, a moeda era de curso legal e debía ser proporcionada polas entidades bancarias ao seu valor facial, aínda que a súa circulación foi escasa, dada a súa curta tiraxe final —1.942.835 exemplares—"Moneda de 30 euro / 20 euro / 12 euro / 2.000 pesetas". FNMT - Casa de la Moneda (FNMT.es). e tendo en conta que naquel momento existía xa un billete de 2.000 pesetas de uso moi común, polo que a maioría dos exemplares foron retirados da circulación polos coleccionistas numismáticos e pola poboación en xeral, a modo de recordo.
A norma establecía tamén que "esta moeda será admitida nas caixas públicas sen limitación, e entre particulares ata 20.000 pesetas, calquera que for a contía do pagamento".
Caracterización O seu anverso, deseñado e gravado por Alfonso Morales Muñoz, amosa senllos bustos acaroados e de perfil de Xoán Carlos I (1975-2014) e a raíña consorte Sofía de Grecia, ollando cara á esquerda, todo rodeado pola lenda JUAN CARLOS Y SOFIA, e no exergo a data de 2001. O conxunto está encerrado por unha grafila de puntos.miniatura|Reverso das 5 pesetas de 1869 e 1870, que se reproduce nas 2.000 pesetas de 2001.|160x160pxPola súa banda, o motivo central do reverso é unha reprodución da representación alegórica de Hispania como unha figura feminina prostrada sobre os Pireneos, con coroa mural e póla de oliveira na man, que Luis Marchionni y Hombrón creara para as primeiras moedas dunha peseta e de 5 pesetas emitidas como unidade monetaria oficial de España, en 1869 e 1870. Pola súa vez, Marchionni baseárase no anverso dun denario de prata do Imperio Romano cuñadas a nome de Hadriano, que amosaba unha figura moi semellante.miniatura|Marchionni inspirouse para o seu deseño no reverso deste denario de Hadriano (ca. 117-138).
Na parte superior do reverso figura a inscrición ULTIMA EMISION DE LA PESETA, así como a palabra ESPAÑA e o M coroado a modo de marca de ceca da FNMT. Por debaixo, a indicación do valor, 2000 PTAS, separada por unha imaxe latente na que, en función da orientación, se pode ver novamente a marca de ceca ou ben os derradeiros díxitos do ano de cuñaxe: 01.
O mesmo motivo do reverso foi tomado tamén para a moeda circulante de 100 pesetas do mesmo ano 2001."100 Pesetas - Juan Carlos I Last Peseta". Numista.com
A moeda de 2.000 pesetas foi desmonetizada o 28 de febreiro de 2002, e en xuño de 2021 concluíu o prazo para a cambiar polo seu valor nas entidades bancarias.López, F. J. (2023). "Moneda de 2000 pesetas del 2001 (Últimas Pesetas): Valor y Precio". Coleccionismodemonedas.com. 14 de setembro.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Lamas Bolaño (2023). Catálogo enciclopédico de monedas de España 2024. Lamas Bolaño, Barcelona. ISBN 978-8409545193
Outros artigos
Peseta Lista das moedas de peseta de España
Ligazóns externas
"Numismática española: catálogo de monedas"
Categoría:Peseta Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas fóra de curso