Roger Kastel , nado o 11 de xuño de 1931 e finado o 8 de novembro de 2023, foi un artista plástico estadounidense, coñecido principalmente pola creación dos carteis dos filmes Jaws (1975) e The Empire Strikes Back (1980).

Traxectoria Roger Kastel naceu en White Plains, Nova York o 11 de xuño de 1931. Máis tarde viviu en Milford, Massachusetts e ocasionalmente viaxaba a Manhattan para asistir a clases na Art Students League de Nova York. Ademais de pósteres de cine, Doctor Faustus ou The Great Train Robbery de Michael Crichton, fixo ilustracións de portadas de libros como East of Eden de John Steinbeck ou The Invisible Man de H. G. Wells.

Pasamento Morreu de insuficiencia renal e cardíaca en Worcester, Massachusetts, o 8 de novembro de 2023, aos 92 anos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Real Hollywood Thriller: Who Stole Jaws?

Categoría:Finados en 2023 Categoría:Nados en 1932 Categoría:Ilustradores dos Estados Unidos de América