Joan Oriol Gràcia, nado en Cambrils o 5 de novembro de 1986, é un futbolista español que xoga de lateral esquerdo no Gimnàstic de Tarragona, da Primeira División RFEF.

Traxectoria Formado na canteira do Cambrils, xogou no La Pobla de Mafumet, no Reus e no Gavà, antes de ingresar no Villarreal B en 2008. Co filial amarelo logrou o ascenso á Segunda División na súa primeira tempada, contribuíndo con 32 partidos e 2 goles. Debutou co primeiro equipo do Villarreal o 6 de xaneiro de 2010, sendo titular ante Celta de Vigo nos oitavos de final da Copa do Rei. O 27 de novembro do mesmo ano disputou o seu primeiro partido na Primeira División, nunha vitoria por 3-0 diante do Zaragoza.

Na tempada 2010/11 subiu definitivamente ao primeiro equipo, co que sufriu un descenso a Segunda, seguido dun novo ascenso. Disputou un total de 65 encontros co primeiro equipo do club groguet, ata que xullo de 2013 asinou con Osasuna.

Xogou 14 partidos co club navarro, co que tamén acabou descendendo. En 2014 fichou polo Blackpool do Championship inglés, onde se reencontrou co seu irmán xemelgo Eduard. Con todo, o seu contrato foi rescindido en xaneiro.

O 4 de xullo de 2015, despois dun breve paso polo Rapid București de Romanía, asinou un contrato de dous anos co Mallorca. Xogou 64 partidos co equipo balear, descendendo na súa segunda tempada á Segunda División B. En agosto de 2017 ingresou no Atromitos de Grecia.

Regresou a Cataluña en xaneiro de 2018, fichando polo Cornellà de Segunda B. Nos seguintes anos vestiu as camisetas do Lleida Esportiu e do Gimnàstic de Tarragona.

Vida persoal O seu irmán xemelgo Eduard tamén foi futbolista. Xogaba como extremo e ambos coincidiron no mesmo equipo en varias ocasións.

Notas

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Cambrils Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CF Reus Deportiu Categoría:Xogadores do CF Gavà Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do Blackpool FC Categoría:Xogadores do FC Rapid București Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do Atromitos FC Categoría:Xogadores da UE Cornellà Categoría:Xogadores da UE Cornellà Categoría:Xogadores do Lleida Esportiu Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona