miniatura|Igrexa de San Munio de Veiga. Munio é un santo do que se descoñecen moitos aspectos da súa vida. É venerado en Veiga, no concello ourensán da Bola. Lenda Segundo a tradición, apareceu en Veiga en forma de lume. Queimou o monte do alto do Furriolo até unha fonte, onde se apagou. Por ese motivo, dise que aínda cheira a queimado no lugar. Crese que está enterrado nunha arca de pedra, á par da porta da igrexa parroquial de Veiga. Tamén existe a crenza de que un día o cura e algúns fregueses abriron a devandita arca e quedaron todos cegos, polo que ninguén máis ousou abrila.

Igualmente, adoita tamén crerse que fundou o mosteiro de Veiga no século IX e que se enterrou na capela maior da actual igrexa. O seu sepulcro era todo de pedra sostido por catro columnas con cadanseus capiteis, un costume característico de Portugal, tamén presentes noutros sepulcros como de san Rosendo. Deste sepulcro quedan algúns elementos dispersos pola igrexa. Os fustes desas catro columnas foron aproveitadas para o altar. As súas reliquias son empregadas para rituais contra o demo.

Culto Descoñécese a súa festa ou a súa imaxe. Aínda que a parroquia de Veiga estivo primeiro dedicada a san Tomé, existe constancia de que San Munio é o seu padroeiro dende, polo menos, 1187.

Notas

Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Santos de Galicia Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia