Ignacio Rivera Quintana, nado na Coruña o 24 de abril de 1965, é un empresario galego, presidente executivo actual da Corporación Hijos de Rivera, empresa galega con actividade centrada na distribución de bebidas, cuxa marca máis recoñecida é a Estrella Galicia. Pertence á cuarta xeración da familia Rivera, sendo bisneto de José María Rivera Corral, o fundador da empresa Estrella Galicia na Coruña, en 1906. Traxectoria No 1990, Ignacio Rivera incorporouse á empresa Hijos de Rivera e fíxose cargo da dirección comercial e de márketing. Nove anos máis tarde nomeárono director xeral e conselleiro da empresa, nun intre no que se traballaba no desenvolvemento e expansión da compañía co lanzamento de novas marcas e a diversificación de produtos. No 2012 nomeárono conselleiro da empresa.

Dende o 2021 Ignacio Rivera é o presidente executivo actual da Corporación Hijos de Rivera. En marzo do 2023 foi escollido como presidente de Cerveceros de España substituíndo a Demetrio Carceller Arce.

Notas

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en 1965 Categoría:Estrella Galicia