Jean Parent, nado en Tours o 23 de marzo de 1911 e finado en Suresnes o 15 de xuño de 1963, foi un enxeñeiro químico e numismático francés, presidente da Sociedade Francesa de Numismática entre 1963 e 1965.
Traxectoria
Formación e actividade profesional Jean Parent iniciou en 1934 os seus estudos de Química na Escola Nacional Superior de Química de París."Parent, Jean". Patrons de France (Patronsdefrance.fr).
Foi mobilizado durante a segunda guerra mundial co grao de subtenente de artillaría e resultou gravemente ferido na contenda o 5 de xuño de 1940, o que lle ocasionou unha incapacidade física parcial o resto da súa vida,"Éloge funébre de Jean Parent". En Bulletin de la Société française de numismatique. Nº 6. Xullo de 1968. Páxina 285. que non lle impediu o exercicio da súa profesión como enxeñeiro químico."Parent, Jean (1911-1968)". BNF.fr
Foi director xeral da compañía Centenaire-Blanzy.
Parent morreu o 15 de xuño de 1968,Hoc, M. (1968). no hospital Foch, en Suresnes, aos 52 anos.
Numismática Paralelamente á súa actividade profesional, Parent amosou o seu interese pola numismática. En 1951 ingresou na Sociedade Francesa de Numismática como membro titular, e en 1963 accedeu á presidencia desta institución, cargo que ocupou ata 1965.Le Rider, G. et al. "La Société française de numismatique : 1865-1965". En Revue Numismatique. 1965. Páxina 24."Les présidents de la SFN". Société française de numismatique.
En 1955 ingresou tamén, como membro correspondente estranxeiro, na Sociedade Real de Numismática de Bélxica.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
"Éloge funébre de Jean Parent". En Bulletin de la Société française de numismatique. Nº 6. Xullo de 1968. Páxina 285. Hoc, M. (1968). "Nécrologie: Jean Parent". En Revue Belge de Numismatique. Nº 114. Bruxelas. Páxina 213.
Categoría:Nados en 1911 Categoría:Nados en Tours Categoría:Finados en 1963 Categoría:Químicos de Francia Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática