Pilar Adón, nada en Madrid o 12 de outubro de 1971, é unha escritora e tradutora española. É autora das novelas De bestias y aves, Las efímeras e Las hijas de Sara; dos libros de relatos La vida sumergida, El mes más cruel e Viajes inocentes; da novela curta Eterno amor; e dos poemarios Da dolor, Las órdenes, Mente animal y La hija del cazador.

Traxectoria Licenciouse en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. Entre os premios con que foi distinguida, están o Premio Ollo Crítico (2005), o Premio das Librarías de Madrid ao Mellor Libro de Poemas (2018), o Premio Cálamo (2023), o Premio Francisco Umbral ao Libro do Ano (2023), o Premio da Crítica Española ao Mellor Libro en Castelán (2023) e o Premio Nacional de Narrativa (2023).

Obra

Novela

Las hijas de Sara (2003 / Puzzle (peto), 2007). Alianza. Las efímeras (2015). Galaxia Gutenberg. Considerada pola crítica unha das dez mellores novelas dese ano. Eterno amor (2021). Páginas de Espuma. Novela curta. De bestias y aves (2022). Galaxia Gutenberg. Galardoada co Premio Cálamo Otra Mirada 2022, o Premio Francisco Umbral ao Libro do Ano 2022 e o Premio da Crítica Española 2022, ademais de ser finalista do V Premio Bienal de Novela Mario Vargas Llosa.

Relato

Viajes inocentes (2005). Páginas de Espuma. Polo que obtivo o Premio Ollo Crítico de Narrativa 2005. El mes más cruel (2010). Impedimenta. Polo que foi nomeada Novo Talento Fnac. La vida sumergida (2017). Galaxia Gutenberg.

Libros colectivos

Cuento español actual (2014). Cátedra. Mar de pirañas (2012). Menoscuarto. Siglo XXI (2010). Menoscuarto. Pequeñas Resistencias 5 (2010). Páginas de Espuma.

Poesía

La hija del cazador (2011). La Bella Varsovia. Mente animal; (2014). La Bella Varsovia. Las órdenes (2018). La Bella Varsovia. Polo que recibiu o Premio Libro do Ano do Gremio de Libreiros de Madrid, Da dolor (2020). La Bella Varsovia.

Traducións

Estudios de lo salvaje, de Barbara Baynton. El árbol de John Fowles. Inocencia (Impedimenta, 2013) de Penelope Fitzgerald Inocencia (Impedimenta, 2013) El inicio de la primavera de Penelope Fitzgerald (2010). Picnic en Hanging Rock de Joan Lindsay (2010). O libro de artigos Francia combatiente de Edith Wharton (2009). A novela Santuario de Edith Wharton (2007). O libro de relatos Parecidos razonables de Christina Rossetti . El mentiroso de Henry James, novela

Premios e recoñecementos

2005: Premio Ojo Crítico, na súa categoría de Narrativa por Viajes inocentes (Páginas de Espuma). 2018: Premio das Librarías de Madrid, na súa categoría de Poesía por Las órdenes (La Bella Varsovia). 2022: Premio Francisco Umbral ao Libro do Ano por De bestias y aves. (Galaxia Gutenberg) 2022: Premio Cálamo, categoría Otra Mirada, por De bestias y aves. (Galaxia Gutenberg). 2022: Premio da Crítica, ao Mellor Libro de Narrativa en Castelán por De bestias y aves. (Galaxia Gutenberg). 2023: Premio Nacional de Narrativa por De bestias y aves. (Galaxia Gutenberg).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Poetas de España Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1971 Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid