A vontade de cambiar: homes, masculinidade e amor é un ensaio de bell hooks publicado en 2004 co título orixinal en inglés de The will to change: men, masculinity, and love. En 2023 Edicións Laiovento editou a tradución ao galego de Pablo Rendo cun limiar de Xosé Cabido Pérez.

Descrición

Este libro "trata sobre a necesidade de vivir nun mundo onde as mulleres e os homes poidan pertencerse uns aos outros. Observando as razóns nas que o patriarcado sustentou o seu poder sobre os homes e as súas vidas, a autora reclama o feminismo para os homes, amosando por que o pensamento e a práctica feministas son o único xeito de resolver a crise da masculinidade". Notas

Categoría:Obras feministas escritas Categoría:Ensaio Categoría:Obras literarias de 2023 Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego