Daniel Martín Rodríguez, nado en Madrid o 26 de setembro de 2005, é un futbolista español, que xoga como porteiro no Rayo Majadahonda, da Primeira División RFEF.
Traxectoria Formado na canteira do Rayo Majadahonda, xogou co equipo xuvenil na División de Honra. Na tempada 2022/23 militou no filial do club, o Paracuellos Antamira, na Terceira División RFEF. Para a campaña 2023/24 subiu ao primeiro equipo do Rayo Majadahonda, debutando na primeira xornada contra o Deportivo da Coruña con só 17 anos, converténdose así no gardameta máis novo en xogar na categoría. A súa destacada actuación ante os máis de 20.000 espectadores de Riazor, permitiulle ao seu equipo manter a portería a cero e conseguir o primeiro punto da tempada.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente.com .
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 2005 Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Xogadores do CF Rayo Majadahonda