miniatura|Imaxe satélite da Área do Gran Tokyo pola noite (2021). miniatura|Rañaceos en Shinjuku (Tokyo) en 2009. Unha megacidade é unha enorme cidade, polo xeral cunha poboación de máis de 10 millóns de persoas. As definicións precisas do concepto poden variar: o Departamento de Asuntos Económicos e Sociais das Nacións Unidas no seu informe "World Urbanization Prospects" de 2018 considera megacidades as aglomeracións urbanas con máis de 10 millóns de habitantes. Un estudo da Universidade de Bonn sostivo que "xeralmente se definen como unha área metropolitana cunha poboación total de 10 millóns de persoas ou máis". Outros enumeran cidades que satisfán criterios de 5 ou 8 millóns e tamén teñen unha densidade de poboación de 2.000 por quilómetro cadrado. Os termos conurbación, metrópole e metroplex tamén se aplican a estes últimos.

O número total de megacidades no mundo varía entre as distintas fontes: o mundo ten 33 megacidades de acordo coas Nacións Unidas (en 2018), 45 segundo CityPopulation.de (en 2023) e 44 segundo Demographia (en 2022). Arredor da metade destas megacidades atópanse na China e na India. Os outros catro países co maior número de megacidades son o Brasil, o Xapón, Paquistán e os Estados Unidos de América. As megacidades africanas están presentes en Nixeria, Exipto, Suráfrica e a República Democrática do Congo; as megacidades europeas atópanse en Rusia, Francia, o Reino Unido e Turquía (tamén en Asia); as megacidades de América Latina están no Brasil, México, Colombia, o Perú e a Arxentina. Algunhas fontes sinalan a Área do Gran Tokyo como a meirande megacidade do mundo, mentres que outros danlle o título ao Delta do Río das Perlas.

Notas

Categoría:Cidades Categoría:Demografía