miniatura|Logo do web do Correo en 1999. Galicia Hoxe era un xornal dixital galego que, primeiramente en papel, se publicou en Santiago de Compostela editado pola Editorial Compostela, a mesma que edita El Correo Gallego.

Descrición Foi o primeiro diario en lingua galega, apareceu o 6 de xaneiro de 1994 coa cabeceira O Correo Galego e cunha tiraxe inicial de 10 000 exemplaresHelena Goyanes Vioar et al. A información en galego. Edicións Lea, 1996, páxina 19..

En maio de 2003 cambiou para o seu nome definitivo. O derradeiro número en papel saíu o 28 de xuño de 2011. As razóns do peche da edición en papel hai que buscalas, segundo o propio medio, no recorte de axudas económicas que habitualmente recibía da Xunta de Galicia"Pecha Galicia Hoxe" , 28/6/2011.. Durante uns anos mantivo a súa cabeceira como diario dixital.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas O diario en Internet

Categoría:Xornais en lingua galega Categoría:Xornais de Galicia Categoría:Grupo Correo Gallego Categoría:Xornais electrónicos Categoría:Sitios web en galego