María Dolores Castro Lama, finada na Ponte da Rocha o 11 de outubro de 1990, foi unha militante independentista galega que foi un membro do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive.
Traxectoria Atentado na discoteca Clangor
Na madrugada do xoves 11 ao venres 12 de outubro de 1990, Castro Lama participou nun atentado con bomba na discoteca Clangor xunto con Xosé Ignacio Villar Regueiro. Tratábase dun dos locais de lecer nocturno máis populares da cidade universitaria de Santiago. Os terroristas alegaron que a sala era un centro de narcotráfico."La ofensiva «guerrilleira» siembra el temor entre los narcotraficantes gallegos", artigo en El País, 13 de outubro de 1990
Como consecuencia da explosión, faleceu a viguesa Mercedes Domínguez Rodríguez, estudante de 26 anos, así como Villar Regueiro e Castro Lama, os autores materiais do atentado. Houbo 49 feridos, entre clientes e empregados, cinco deles de gravidade. O local quedou gravemente danado polo artefacto.
Segundo os terroristas, os explosivos deberían estourar ao remate da noite, cando a discoteca estivese pechada,"La policía da por muerto al 'Exército Guerrilheiro' diez años después de su último golpe ", La Voz de Galicia, 11 de novembro de 2000 mais a acción dos altofalantes provocou a súa detonación anticipada.
Notas
Categoría:Finados en 1990 Categoría:Membros do EGPGC