miniatura| Papiro coa lista de gañadores olímpicos, século III, British Library . Esta lista contén os campións dos Xogos Olímpicos da Antigüidade que se celebraron sen interrupción en Olimpia, na antiga Grecia, unha tradición que continuou durante máis de 1000 anos, desde o -776 ata o 393, cando todos os cultos pagáns foron prohibidos polo emperador cristián de Roma. Teodosio I o Grande. Trátase dunha lista incompleta que se basea en fragmentos de Pausanias (século II), Eusebio de Cesarea (século III), así como en inscricións compiladas por fontes modernas.

Historia O primeiro en establecer unha lista foi Hipias, máis tarde continuou Aristóteles e máis tarde Eratóstenes, Flegón e Eusebio.

Estímase que a lista total de campións podería ser catro veces maior que a que foi reconstruída, polo que podería haber uns 3500 campións.

Na extensa lista pódense ver os triunfos dalgúns reis e emperadores, como Filipe II (pai de Alexandre o Grande), vencedor en tres Xogos consecutivos (-356, -352 e -348). A primeira das vitorias do ano -356 foi contada por Clístenes, e coincidiu co nacemento do seu fillo, polo que a súa nai adoptou o nome de Olimpia. O propio Alexandre Magno obtivo diferentes vitorias segundo Clístenes, pero non foi incluído na relación porque non se dispón dos datos do ano e da Olimpíada.

Séculos despois, e a pesar da invasión de Roma, os Xogos seguirán celebrándose cada 4 anos, pero xa contando coa participación de competidores romanos, entre eles, no 65, o emperador romano Nerón, que foi premiado coa práctica totalidade dos Xogos daquel ano, con 6 vitorias.

Os rexistros dos vencedores dende finais de século III á primeira metade do IV son escasos, xa que foi un período de turbulencia política e relixiosa no Imperio Romano. Finalmente, os Xogos, templos, cultos e antigas prácticas relixiosas foron prohibidos polo emperador romano Teodosio no ano 393, como primeira medida da nova orde do cristianismo.

Lista de campións olímpicos miniatura| Tres corredores nunha ánfora, -332/-333, Museo Británico. miniatura| Tethrippon nunha hidra ática, ca. -510. miniatura| Hoplitodromos nunha ánfora, -323/–322. miniatura| Loita grega (pale). miniatura|pancracio nunha ánfora, Atenas -332/-331 a.C.