Juan Pedro Aladro Kastriota, nado en Porto Real ou Xerez da Fronteira (Cádiz) o 8 de maio de 1845 e finado en París o 17 de febreiro de 1914, foi un diplomático e político español, escollido deputado por Vilalba en 1872. Descendente da nobreza albanesa, foi partidario da independencia de Albania e pretendente ao trono dese país.

Traxectoria Naceu como fillo non recoñecido do bodegueiro Juan Pedro Domecq Lembeye e de Isabel Aladro de Pérez, membro dunha rica familia gaditana. Os temores polas circunstancias do embarazo da nai, fixo que esta fose alonxada de Cádiz e que Juan Pedro Aladro fose rexistrado como fillo non da súa nai Isabel, senón como da súa avoa materna. Estou no Colexio San Filipe Neri en Cádiz antes de trasladarse á Universidade de Sevilla onde fixo estudos de Dereito. Antes de rematalos, no ano 1866, ingresou no servizo diplomático. En 1866, Juan Pedro Domecq Lembeye, sen ter descendencia lexítima, afillouno por arrogación mediante a unha Real Graza de Isabel II, deste xeito, cando Juan Pedro Domecq morreu en 1869, legou a Juan Pedro Aladro a súa fortuna.

Dende xaneiro de 1867, Juan Pedro desenvolveu unha importante carreira diplomática: agregado na embaixada en Viena, foi logo secretario nas de París en 1869, Bruxelas en 1870 e A Haia en 1872, da que logo, en 1881, foi ministro plenipotenciario, e en Bucarest en 1883. Nese ano, aínda que non tomou posesión, foi nomeado ministro plenipotenciario en Caracas.

En abril de 1872 concorreu ás eleccións xerais polo distrito de Vilalba, nelas recibiu 4538 votos sobre un total de 4710 sufraxios emitidos. Mais, Juan Pedro de Aladro non tiña vencello algún nin con Vilalba nin con Galicia. miniatura|Postal propagandista da causa de Juan Pedro Aladro Kastriota Amigo persoal de Afonso XII, abandonou a carreira diplomática logo da morte do rei. Trasladouse a París onde comezou a apoiar á causa da independencia de Albania do Imperio Otomán e, sustentando que a súa bisavoa materna era a princesa Kastriota, descendente por liña directa do heroe albanés Skanderberg,reivindicou os seus dereitos sobre o trono de Albania poñendo a súa fortuna a esta finalidade. Á súa conta editáronse publicacións propagandistas en Bruxelas, Bucarest, Sofía, Nápoles, Venecia, Atenas e Alexandría. Axudou a crear comités albaneses pola independencia en Italia, Grecia e Exipto e, no ano 1899, a Liga de Patriotas proclamouno líder do Partido Nacional Albanés. Cultivou relacións con gobernos europeos para que o apoiaran nas súas reclamacións, sendo especialmente estreitos os contactos con Italia e a Santa Sede, mesmo o papa León XIII recibiuno con honras propias dun rei. Tamén publicou unha novela por entregas Sotir e Mitka. Loitou pola independencia de Albania derrotando a tropas turcas en Develik. Con todo, unha vez lograda a independencia en 1912, fracasou no seu intento de ser escollido soberano pois en 1914 o escollido foi o príncipe alemán Guillerme de Wied. O seu pasamento tivo lugar en París o 17 de febreiro de 1914.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de deputado no Congreso dos Deputados

Categoría:Diplomáticos de España

Categoría:Deputados nas Cortes Españolas durante o Sexenio Democrático Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados

Categoría:Nados en Xerez da Fronteira Categoría:Nados en 1835

Categoría:Finados en 1914