miniatura|423x423px| Anuncio para un espectáculo de minstrel O espectáculo de minstrel ou minstrelsy era unha forma de entretemento estadounidense. Desenvolveuse no século XIX. Cada espectáculo era de parodias cómicas, bailes e actuacións musicais que mostraban persoas de ascendencia africana. Os espectáculos foron interpretados principalmente por persoas brancas con maquillaxe ou cara negra (blackface) co propósito de interpretar a xente negra. Tamén houbo intérpretes afroamericanos e grupos de minstrel só negros que se formaron e realizaron concertos e xiras.
O minstrel mostra a persoas racializadas negras parodiadas e aos afroamericanos como alegres, preguiceiros e parvos.
Os espectáculos de minstrel saíron como breves burlesques a principios da década de 1830 no nordeste dos Estados Unidos. Desenvolvéronse na súa forma plena ao redor da década seguinte.
A principios do século XX, o espectáculo de minstrelsy era unha sombra da súa antiga popularidade. Foi substituído na súa maior parte polo vodevil.
Terminoloxía O termo minstrelsy provén do "menestrel" medieval, á súa vez do latín ministerialis, que aludía a "funcionario" ou "servidor". Da mesma raíz proveñen as palabras ministro, administración, ministerial (especie de escravos nobres do Sacro Imperio).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Menestrel Xograr Racialización Racismo Regra dunha gota Ragtime
Categoría:Música dos Estados Unidos de América Categoría:Humor Categoría:Racismo nos Estados Unidos de América