Tyler Rake 2 (en ) é un filme estadounidense de 2023 dirixido por Sam Hargrave e escrito por Joe Russo. Baséase na novela gráfica Ciudad de Ande Parks, Joe Russo, Anthony Russo, Fernando León González e Eric Skillman. É unha secuela do filme de 2020 Extraction, e está protagonizado por Chris Hemsworth, Golshifteh Farahani e Adam Bessa, que retoman os papeis do primeiro filme, xunto con Tornike Gogrichiani, Tinatin Dalakishvili, Daniel Bernhardt, Olga Kurylenko e Idris Elba. No filme, Tyler Rake (Hemsworth) é contratado para rescatar unha familia dunha prisión xeorxiana.

Logo do éxito do primeiro filme, Netflix anunciou unha secuela en maio de 2020 con Joe Russo de novo como guionista, Hargrave como director e Hemsworth como protagonista. En decembro, Joe e o seu irmán irmán Anthony esperaban que a secuela desenvolvese os personaxes abondo para comezar un universo cinematográfico. A rodaxe estaba programada para comezar en Sydney en setembro de 2021, mais foi atrasada pola pandemia de COVID-19 e finalmente comezou en Praga en novembro, antes de concluír en Viena en abril de 2022. Ademais do regreso de Russo, Hargrave e Hemsworth, Henry Jackman e Alex Belcher volveron para compoñer a partitura.

Tyler Rake 2 estreouse o 16 de xuño de 2023 a través de Netflix, onde conta con versión subtitulada en galego.

Personaxes

Chris Hemsworth como Tyler Rake Golshifteh Farahani como Nik Khan Adam Bessa como Yaz Khan Tornike Gogrichiani como Zurab Radiani Tornike Bziava como Davit Radiani Tinatin Dalakishvili como Ketevan Radiani Andro Japaridze como Sandro Radiani Miriam and Marta Kovziashvili como Nina Radiani Dato Bakhtadze como Avtandil Daniel Bernhardt como Konstantine Irakli Kvirikadze como Ivayne Levan Saginashvili como Vakhtang George Lasha como Sergo Olga Kurylenko como Mia Idris Elba como estraño sen nome

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Sam Hargrave Categoría:Filmes rodados en Viena Categoría:Filmes rodados en Praga Categoría:Filmes ambientados en Viena Categoría:Filmes ambientados en Xeorxia Categoría:Filmes ambientados en Austria Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2023 con versión en galego