San Vicente de Zaragoza, tamén coñecido como San Vicente de Huesca ou San Vicente Mártir, e tamén coas variantes Vicenzo e Vicencio, foi un clérigo hispanorromano, diácono de San Valerio de Zaragoza.
Segundo a tradición, Vicente foi acusado da predicación da fe e martirizado baixo o goberno de Diocleciano.
A persecución en Hispania Non se sabe con certeza se naceu en Huesca ou en Zaragoza. Durante a persecución de Diocleciano, Valerio, bispo de Zaragoza, e Vicente foron prendidos no ano 303 por orde do prefecto Publio Daciano, e trasladados a Valencia. Valerio foi condenado ao desterro, mentres que Vicente sufriu o martirio. A súa morte produciuse en data imprecisa —a tradición asígnalle o 22 de xaneiro— no ano 304 ou 305. De acordo á lenda, antes de morrer, fixo converterse ao cristinianismo o seu verdugo.
Martirio de Vicente miniatura|263x263px|Imaxe de San Vicenzo, en Vimianzo, representado cun corvo ao seu carón. Vicente foi colocado nun ecúleo. Rompéronlle os brazos e as pernas, azoutárono, e abríronlle as carnes con uñas de garfos de aceiro. Mais, sen conseguir os seus propósitos, Daciano ordenou que fose desollado e colocado nunha grella sobre brasas quentes e sal. Foi guindado máis tarde a un alxube, onde morreu. O seu corpo foi abandonado nun vertedoiro (onde se levantaría unha ermida, hoxe parroquia de San Vicente Mártir en Benimámet), onde foi defendido por un corvo fronte á ameaza dun lobo. Daciano ordenou lanzar o seu cadáver ao mar cunha pedra de muíño, pero o corpo foi devolto á beira. Este foi recolleito e escondido pola comunidade cristiá.
Iconografía e culto Adoita aparecer en pintura coas vestimentas do seu rango, acompañado por un corvo ou suxeito a unha moa de muíño ou unha grella. Estes símbolos fan referencia ao seu longo e atroz martirio.
É patrón de 31 parroquias galegas coa variante San Vicenzo e de 67 coa variante San Vicente.
Cultura popular en Galicia En Galicia, adoitábase invocar para a bendición da masa e do pan e, por tal motivo, era considerado patrón dos panadeiros. Algunhas das frases empregadas son:
San Vicente te acrecente San Vicente, meu parente, que me puxo a man na frente
Véxase tamén
Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicente Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicenzo
Notas
Categoría:Nados en Huesca Categoría:Venerados pola Comuñón Anglicana Categoría:Venerados polas igrexas ortodoxas Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia Categoría:Finados no século IV