A Anthocharis cardamines é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Pieridae amplamente distribuída por Eurasia, incluíndo a Península Ibérica.

Características Recibe o seu nome das manchas verdosas no exterior das ás, que lle dá a aparencia de brión, e é de grande utilidade como camuflaxe entre a vexetación. Nos machos o ápice do interior das ás dianteiras é dunha cor laranxa forte. Esta coloración non se atopa presente nas femias; as ás nas femias son brancas, con tons negros ou grises na punta. O macho é capaz de disimular a cor laranxa das súas ás dianteiras escondéndoas baixo as traseiras. A cor verdosa no exterior da á está en realidade composta de escamas amarelas e negras; é de especial utilidade cando a bolboreta descansa en plantas como Anthriscus sylvestris ou Alliaria petiolata.

Distribución A especie atópase ao redor de Europa, e esténdese ao oeste ás áreas tépedas de Asia, até Xapón. Nos últimos anos viuse un incremento do seu número no Reino Unido, e de maneira máis notoria en Escocia; crese que o incremento se debe ao cambio climático.Carter, D. A. (2002). Butterflies and Moths (Revised Edition). Dorling Kindersley, Londres. ISBN 0-7894-8983-XOrange-tip (Anthocharis cardamines). Arkive (en inglés). Consultado o 5 de xuño de 2010.Butterflies of Scotland - Orange Tip (Anthocharis cardamines). Rampant Scotland (en inglés). Consultado o 6 de xuño de 2010.

Subespecies Coñécense nove subespecies de Anthocharis cardamines:Anthocharis en funet.fi

Anthocharis cardamines alexandra Anthocharis cardamines cardamines Anthocharis cardamines hayashii Anthocharis cardamines isshikii Anthocharis cardamines kobayashii Anthocharis cardamines koreana Anthocharis cardamines meridionalis Anthocharis cardamines phoenissa Anthocharis cardamines progressa

Notas

Categoría:Insectos de Asia Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia Categoría:Animais descritos en 1758