La Nucia é un concello da Comunidade Valenciana situado na provincia de Alacant, na comarca da Marina Baixa, ao norte de Benidorm. Conta con 18.624 habitantes (INE 2022).
Xeografía La Nucia atópase nun val de árbores froiteiras entre Polop, Benidorm e Callosa d'en Sarrià a 3 km da costa de Altea. O casco urbano sitúase nun promontorio con vistas ao mar Mediterráneo, 51 km ao norte de Alacant e 8 km ao norte de Benidorm.
Desde Alacant accédese á localidade pola AP-7 ou a N-332, collendo despois a CV-70 á altura de Benidorm.
Barrios e pedanías No termo municipal de La Nucia atópanse tamén os seguintes núcleos de poboación: Barranc Fondo Coloma Bell Horitzó El Tossal
Municipios limítrofes La Nucia limita cos municipios de Altea, Callosa d'en Sarrià, Benidorm, Polop e l'Alfàs del Pi.
Notas
Nucia